Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía vexetal aplicada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A18 B2 B6 B8 Examen dos coñecementos teóricos e prácticos.
40% teórico.
20% práctico.
60
Seminario B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 B13 As actividades desenroladas durante os seminarios serán evaluadas de maneira contínua polo profesor. 40
 
Observacións avaliación
A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica que inclúe os seminarios e parte da proba mixta
2) Parte práctica, incluída na proba mixta. 

En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Ademáis, será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes, teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades avaliables ha de alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media resultase ser de 5 ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de4,9 (suspenso).

Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase únicamente a proba mixta, as cualificacións obtidas en seminarios mantéñense da primeira oportunidade. Se o alumno está suspenso na primeira oportunidade e a nota nunha das partes da proba mixta (teoría ou práctica) e de 5 ou máis puntos, manterase esa nota na segunda oportunidade, tendo só que realizar a outra parte da proba mixta, a non ser que manifeste a súa vontade de repetir a totalidade da proba mixta.

A asistencia ás prácticas considérase obrigatoria. A non asistencia a unha ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous puntos menos, respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o alumno non asistise a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a asignatura. Serán considerado como NON PRESENTADOS aqueles alumnos quenon concorran ás probas mixtas. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial oficialmente recoñecida, a actividade de seminarios poderá ser substituida a petición do alumno por un traballo escrito
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes