Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Zooloxía I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A2 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. 20
Proba de resposta breve A1 A7 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. 65
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Preguntas personalizadas de contido concreto; elaboración e defensa de traballos; e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. 15
 
Observacións avaliación

Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun exame de contidos teóricos (representando o 65% da cualificación total), un exame de contidos prácticos (20% da cualificación total) e unha avaliación das actividades realizadas en grupo reducido (15% da cualificación total) • Obterán a cualificación de Non Presentado (NP) as/os estudantes que non se teñan presentado ao exame de contidos teóricos e/ou ao exame de contidos prácticos.

Aspectos e Criterios de Avaliación • Mediante o exame de contidos teóricos avalíanse as compentencias A1/A7. Mediante o exame de contidos prácticos avalíanse as competencias A1/A2. Mediante a avaliación de contidos tratados en grupos reducidos avalíanse as competencias A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11.

Para a superación da materia na primeira oportunidade de avaliación é imprescindible cumprir os seguintes requisitos:

1) Presentarse ao exame de contidos teóricos e ao exame de contidos prácticos.

2) Obter no exame teórico unha cualificación mínima dun 4,5 sobre 10 (2,9 sobre 6,5) no exame teórico e acadar, como mínimo, untotal de 5 puntos sobre 10, engadindo a puntuación acadada no exame de contidos prácticos e nas probas de avaliación en grupo reducido. Os/as estudantes que non acaden como mínimo un 4,5 dobre 10 no exame de contidos teóricos, e ainda que ca suma do resto de contidos acaden 5 puntos, obterán a cualificación final de “Suspenso”,consignándose como nota a acadada no exame de contidos teóricos.

As cualificacións obtidas nas distintas actividades realizadas durante o curso (prácticas, actividades en grupo reducido) mantéñense para a segunda oportunidade de avaliación do mesmo curso académico. Porén, as/os estudantes que o desexen poderanse presentar a un novo exame de prácticas,renunciando automaticamente á cualificación que obtiveran no exame de prácticas da 1ª oportunidade e séndolle substituída esta pola acadada no da 2ªoportunidade. Para a superación da materia na 2ª oportunidade de avaliación e para a consignación da cualificación no expediente académico considéranse os mesmos requisitos que os sinalados para a 1ª oportunidade.

Estudantes a tempo parcial e casos excepcionais • En caso de que o/a
estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidese realizar determinadas
actividades e/ou probas de avaliación, poderá poñelo en coñecemento do profesorado,
quen valorará a situación e poderá adoptar as medidas que considere oportunas e
viables para tratar de paliala.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes