Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Zooloxía II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A2 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. 20
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Preguntas personalizadas de contido concreto, elaboración e defensa de traballos, e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. 15
Proba de resposta breve A1 A7 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. 65
 
Observacións avaliación

Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun
exame de contido teórico, un exame de contido práctico e unha avaliación
continua baseada nas actividades realizadas nos grupos reducidos. •
Farase un seguimento continuado da actitude e coñecementos do alumno
durante o curso en ocasions a traveso de breves probas ocasionáis. •
Obterán a cualificación de Non Presentado (NP) todos aqueles alumnos
que, aínda habéndose presentado á proba de contidos prácticos e aos
Seminarios, non se presentaran á proba de contidos teóricos, xa que ísta
corresponde a máis dun 50% da totalidade da cualificación final da
asignatura.

Aspectos e Criterios de Avaliación • Os exames de
contidos teóricos incluirán preguntas tanto das clases maxistrais
impartidas polo profesor como da materia que deberá ser preparada polo
alumno de maneira individual. Mediante o exame de contidos teóricos
evaluanse as seguintes compentencias: A1/A7. Mediante o exame de
contidos prácticos evaluanse as seguintes competencias: A1/A2. Mediante a
avaliación continua evaluanse as seguintes competencias:
A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11

Para a superación global da materia son imprescindibles os seguintes
requisitos: 1) Presentarse aos exames de contidos teóricos e prácticos,
así como realizar algunha das actividades dos grupos reducidos
(Seminarios); o incumprimento deste último aspecto imposibilita a
superación final da materia en ningunha das oportunidades dado que esta é
unha actividade cualificable que se realiza dunha forma continuada ao
longo do curso (neste caso, no primeiro cuadrimestre), 2) obter unha
cualificación mínima dun 4,5 no exame teórico. Para que computen na
cualificación final as notas alcanzadas no exame de contidos prácticos e
nas actividades de grupos reducidos, o alumno deberá superar a nota
mínima esixida no exame de contidos teóricos. En caso contrario, a
cualificación final do alumno será a nota obtida no exame de teoría.

Casos
excepcionais: no caso de que o estudante, por razóns debidamente
xustificadas, non puidese realizar todas as probas de avaliación
continua, o Profesor/é adoptará/n as medidas que considere/n oportunas
para ese efecto.

En caso de non superar a materia na primeira
oportunidade, as cualificacións obtidas nas distintas actividades
realizadas durante o curso conservaranse na oportunidade de Xullo, sen
prexuízo de que se poida optar a mellorar a nota das xa superadas
(excepto a nota dos Seminarios). Neste caso a cualificación final será a
alcanzada nesta última proba; tanto sexa de contidos prácticos como
teóricos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes