Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Animal I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais de 50' de duración sobre os aspectos teóricos do programa. O material gráfico que se utilice nas mesmas estará a disposición do alumnado na plataforma Moodle.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio, de carácter OBRIGATORIO, comprenden 5 sesións de 3 horas. Nelas manexaranse distintos organismos (en ocasións empregando unha contorna virtual) co fin de estudar as diferentes funcións abordadas no programa teórico.
Seminario Os seminarios levaranse a cabo durante as horas de teoría en grupos reducidos. Nestas sesións incidirase sobre algúns dos aspectos máis relevantes tratados previamente nas clases maxistrais para o cal se executarán actividades de natureza diversa: visionado de vídeos, elaboración de materiais, presentación de traballos, etc. As actividades e/ou probas curtas asociadas realizadas no contexto destes seminarios serán consideradas como parte da avaliación individual do alumno/a.
Proba de resposta breve Proba escrita con preguntas de limitada extensión (mais distinto grao de desenvolvemento e valoración) sobre o contido das prácticas de laboratorio.
Proba obxectiva Proba escrita con preguntas de limitada extensión (mais distinto grado de desenvolvemento e valoración) sobre os aspectos teóricos do programa impartidos nas sesións maxistrais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes