Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Subjects
  Animal Physiology I
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Seminar A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Avaliaranse as actividades desenvolvidas ao longo dos seminarios e/ou as probas curtas asociadas. A nota obtida supoñerá un 15% da nota final.
Os alumn@s que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non participen nas actividades desenvolvidas nos mesmos, obterán unha cualificación de 0 puntos.
A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final no caso do alumnado que teña que acudir á segunda oportunidade (xullo).
15
Short answer questions A4 A10 A17 A26 A28 A29 B1 B2 B3 B8 B9 Ao remate das prácticas realizarase unha proba escrita sobre o contido das mesmas. Esta proba de resposta breve supoñerá o 15% da nota final. 15
Objective test A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Ao remate do cuadrimestre realizarase unha proba escrita sobre os contidos teóricos abordados nas sesións maxistrais. A proba obxectiva supoñerá o 70% da nota final (máximo 7 puntos sobre 10, non obstante, é PRECISO OBTER UN MÍNIMO DE 4.5 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia). 70
 
Assessment comments
Para a avaliación da materia terase en conta o coñecemento do programa teórico e das prácticas de laboratorio, así como as actividades e/ou probas curtas asociadas levadas a cabo no contexto dos seminarios. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. Para superar a materia deberanse cumprir os criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5.0 puntos.
Para as cualificacións finais de ambas oportunidades, terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumn@s que non concorran ás probas obxectivas nas datas oficiais sinaladas.
Serán considerados SUSPENSOS os alumn@s que si concorran a ditas probas mais non acaden a puntuación global de 5.0 puntos ou teñan unha nota na proba obxectiva inferior a 4.5 puntos sobre 10 (independentemente da nota de seminarios e proba de resposta breve en relación coas prácticas de laboratorio). No caso de que a suma total das cualificacións sexa igual ou superior a 5.0 puntos pero a parcial de contidos teóricos (proba obxectiva) non supere a nota mínima esixida, a cualificación numérica final será a acadada na mencionada proba de contidos teóricos.
Os alumn@s repetidores que teñan superado as prácticas nos tres anos inmediatamente anteriores poden conservar a nota destas ou, se o desexan, mellorala.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá solicitar os cambios de calendario necesarios para garantir a posibilidade de asistir a calquera das actividades avaliables programadas na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes