Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Etoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do temario e actividades que se desenvolverán durante o curso. Información sobre os obxectivos das actividades e o sistema de avaliación. Pequeno resumo da guía docente.
Sesión maxistral As sesións maxistrais (20) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Os alumnos terán á súa disposición o material empregado nas clases a través da plataforma Moodle.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos en grupo de carácter obrigatorio. A súa elaboración será supervisada pola profesora, en persoa ou por correo electrónico. Aqueles alumnos que participen en actividades de Aprendizaxe-Servizo estarán exentos de realizar este tipo de traballos.
Seminario Nas horas de teoría de grupo reducido desenvolveranse seminarios de apoio á materia explicada nas sesións maxistrais e obradoiros de formación para o desenvolvemento das actividades do curso. Os alumnos serán avialiados en función do grao de participación activa e/ou por medio de pequeños exámenes.
Investigación (Proxecto de investigación) Nas prácticas empregaránse medios audiovisuais e TIC para iniciar aos alumnos no uso do método observacional en Etoloxía. Si o tamaño do grupo o permite prevese a realización de prácticas en centros externos á UDC (ex. no Aquarium Finisterrae) e a elaboración dunha memoria final en forma de proxecto de investigación. As actividades terán lugar en galego e inglés. Acordarase cos alumnos que participen na actividade de Aprendizaxe-Servizo a exención parcial de realizar algunha das actividades do proxecto de investigación.
Proba de resposta breve Haberá un exame final que consistirá nun cuestionario de 10 presuntas de resposta breve
Aprendizaxe servizo Os alumnos poderán participar de forma voluntaria nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (APS). Ofértanse dúas opcións: unha ten como obxectivo evitar o abandono de mascotas por parte dos donos debido a problemas de comportamento, mentras ten como obxectivo formar sobre problemas asociados á avespa asiática (Vespa velutina). A participación nesta actividade eximirá da elaboración do Traballo tutelado, e, dependendo do tempo requerido pola actividade de APS, mesmo de parte das actividades do proxecto de investigación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes