Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Ecoloxía II: Poboacions e comunidades
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Exame escrito de toda a materia: teoría, prácticas e seminarios (ver observacions)
100
 
Observacións avaliación

Con
este exame global avaliaranse todas as competencias específicas da titulación
incluídas nesta materia.

Un único exame (de data marcada pola Xunta
de Facultade) incluirá preguntas sobre as tres partes da materia: teoría, seminarios
(S) e prácticas (P). O seu valor para a cualificación final será proporcional a
súa contribución da planificación horaria: 60%, 20% e 20% (respectivamente).
Para superar a materia é necesario superar simultaneamente todas e cada unha das
tres partes; unha parte suspensa poderá ser compensada con outras si a súa
cualificación é maior que 4/10.

A asistencia a S e P non é obrigatoria, pero
quedará rexistrada.

Os alumnos poden, de forma voluntaria,
entregar no momento do exame un caderno o memoria en papel sobre o traballo
desenvolvido en S e/ou P; o texto principal será manuscrito e o conxunto
doadamente lexible. As devanditas memorias elaboraranse segundo guías dispoñibles
no campus virtual (Moodle), e a súa cualificación (susceptible de exame oral
individual) poderá contribuír a paliar posibles deficiencias na parte
correspondente do exame.

De acordo coa normativa vixente, en xeral os
cadernos S e P non se poderán recuperar ata o final do curso seguinte, polo que
é recomendable quedar cunha copia do que se entrega. Non obstante, os alumnos
que concorran á oportunidade de xullo poderán recuperar o caderno entregado
anteriormente para aproveitalo, melloralo e volver entregalo; de ser o caso
indicaranse claramente os cambios introducidos na nova versión.

Estes cadernos podense preparar por parellas
ou grupos, pero non deben copiarse: son individuais (igual que os respectivos
exames) e, por tanto, deben recoller o traballo e o xeito de interpretar de cada
estudante. 

Os cadernos entregados en 1ª soben nota e
poden polo tanto facer compensable unha parte S ou P. Os entregados en 2ª non soben nota, pero
poden facer compensable unha parte S ou P fallida. A cualificación dos cadernos entregados en
1ª oportunidade consérvase só para a 2ª.

Os dous cadernos (S e P) serán necesarios para obter
unha cualificación de Matrícula de Honra.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes