Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Análise de datos en Bioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A26 A30 B2 B3 B4 B5 B6 B10 Aplicación de diversas técnicas estatísticas a casos prácticos. 50
Proba obxectiva A21 A26 A30 B2 B3 B4 B6 B10 Proba para avaliar os coñecementos acadados. 50
 
Observacións avaliación

Realizarase un seguimento
continuado da adquisición de coñecementos mediante o control de asistencia as
clases, tanto teóricas como prácticas, a corrección de problemas resoltos polos estudantes, e o nivel mostrado no
desenvolvemento dos seminarios.

Os exames oficiais de cada unha das dúas oportunidades consistirán na resolución dunha serie de cuestións tipo test ou de resposta breve sobre a aplicación e interpretación dos métodos estudados na materia. 

Para superar a asignatura (en calquera das dúas oportunidades, xaneiro e xullo), ademais do exame oficial, cada alumno terá que realizar un ou dous traballos consistentes na aplicación a algún caso práctico, proporcionado polos docentes, dalgunhas das técnicas estatísticas estudadas. A cualificación obtida nos traballos gardarase ó longo do presente curso académico. No suposto de non ter presentado o (os) traballo(s) tutelado(s) na primeira oportunidade de xaneiro, será requirido na segunda oportunidade (xullo). Os estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa académica deberán tamén entregar este(s) traballo(s).

En calquera caso, superadas as
devanditas probas, a cualificación final poderá ser incrementada ata en 1
punto (sobre 10) en base ós resultados do seguimento continuado ao longo do
curso referido anteriormente.

En calquera das dúas oportunidades anuais figurará un NON PRESENTADO unicamente naqueles casos nos que o alumnado non entregue os traballos nin se presente ó exame oficial.

Todas as observación previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa académica. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes