Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química: Enlace e Estrutura
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química: Enlace e Estrutura Código 610G04005
Titulación
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Profesorado
Platas Iglesias, Carlos
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
carlos.platas.iglesias@udc.es
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo docente desta materia é a de proporcionar ao alumnado as competencias e os coñecementos a un nivel básico sobre conceptos, principios e teorías que describen a estrutura do átomo e da materia, o coñecemento dos diferentes modelos de enlace químico, das forzas intermoleculares e dos estados de agregación da materia. Todos estes aspectos son fundamentais para posteriormente poden afondan noutros aspectos máis avanzados como son as propiedades dos materiais e para poder manipular e deseñar entidades químicas e comprender as súas reaccións e interaccións. Polo tanto, os contidos desta materia aportan coñecementos de base que son fundamentais para poder cursar outras materias do grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía. Así mesmo os coñecementos e competencias desta materia son complementados polas materias Química: Equilibrio e Cambio e Laboratorio Básico integrado do primeiro curso do grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía. Estas tres materiais constitúen a formación básica do alumnado en Química.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. Pero no caso de ser necesario e por mor de causas de forza maior poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, pero en calquera caso cubrirá todos aqueles aspectos máis relevantes da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse na “Modalidade on-line” e dicir empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a Institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as clases en tempo real, empregaranse medios asincrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titorías máis personalizadas...). *Metodoloxías docentes que se modifican As probas obxectivas serán probas on line que se realizaran mediante Moodle ou ferramentas equivalentes e facendo un seguimento das mesmas por Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo. 4. Modificacións na avaliación Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia non presencial sen dificultade avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial. O alumnado que non poda seguir as actividades on line sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes