Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química: Equilibrio e Cambio
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 C1 Periódicamente realizaranse probas curtas nas que o alumnado responda cuestións ou resolva problemas dun xeito razoado que permitan avaliar o seu grao de comprensión dos aspectos máis salientables da materia. 20
Seminario A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C6 Valorarase a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión e tamén a participación do alumno a través da formulación de preguntas antes ou despois do desenvolvemento dos seminarios. 5
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A7 A8 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C6 A realización das prácticas é obrigatoria para aprobar a materia. Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc. 15
Proba mixta A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 C1 A proba mixta consistirá na resolución de problemas e cuestións relativos aos contidos do conxunto da materia. Esta proba final realizará nas datas oficiais acordadas no Centro.
60
 
Observacións avaliación
- Para superar a materia será obrigatorio:

  
1) A realización das prácticas de
laboratorio
2) Obter unha cualificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nas
prácticas de laboratorio e na proba mixta. E no caso de
non alcanzar dita puntuación mínima nalgunha destas actividades
avaliables, a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación
media sexa igual ou superior a 5 (nese caso a puntuación asignada será
de 4,5).

-Os alumnos que non participen nas actividades avaliables das sesións de
seminario e non realicen as probas obxectivas obterán unha cualificación
de 0 neses apartados (5% e 20%, respectivamente, da nota global) nas
dúas oportunidades. Na seguna oportunidade manterase a cualificación obtida durante o curso para a nota global.

- Na primeira e segunda
oportunidade, os alumnos que fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5,
tendrán a oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba
específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta
proba específica sustituírá á cualificación obtida nas prácticas para a
cualificación global.

- O alumno obterá a cualificación de non presentado cando non
realice as prácticas de laboratorio e tampouco se presente á proba mixta. Polo
que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
enseñanza-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un curso
académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso, incluidas todas as actividades
e procedimientos de avaliación que se programe para dicho curso.

-Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na
segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os alumnos avaliados na segunda
oportunidade sólo poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas
para o correspondiente curso non se cubrió na súa totalidade na primeira
oportunidade.

Alumnos con recoñecemento de adicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:



A realización das prácticas de laboratorio será
obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios
de coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraranse exentos das
sesións maxistrais, aínda que se lles facilitará a asistencia ao maior número
posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o alumno realizará
un traballo titorizado. Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes