Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química dos Elementos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A8 B8 B9 C1 A capacidade e rigor da preparación dos aspectos máis importantes de cada práctica avalíanse mediante unha entrevista persoal e previamente á realización traballo no laboratorio. Tamén se avalía o traballo de laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu uso, habilidade manual e, especialmente, a capacidade de comprender os procesos realizados á luz da preparación. Tamén se avalía a elaboración do Caderno de laboratorio, que constará de tres partes: resumo, extraído da preparación teórica previa, descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario do laboratorio) e un comentario final sobre o resultados.obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. 15
Solución de problemas A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C3 Avaliaráse a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade para
razoamento e argumentación fronte aos diferentes aspectos tratados.
Queda aberta a posibilidade de realizar periódicamente probas curtas que consistirán principalmente en preguntas moi curtas e / ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos específicos, cuxos resultados constituirán outra fonte de avaliación. A avaliación de casos prácticos tamén pode contribuír á cualificación.
Esta sección avalíase xunto coa sesión maxistral.
15
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B6 B8 B9 C1 C2 C3 Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e argumentación fronte aos diferentes aspectos comentados. Queda aberta a posibilidade de realizar periódicamente probas curtas que consistirán principalmente en preguntas moi curtas e / ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos específicos, cuxos resultados constituirán outra fonte de avaliación. A avaliación de casos prácticos tamén pode contribuír á cualificación. Esta sección avalíase xunto coa sección de resolución de problemas. 0
Proba mixta A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 A proba escrita realizarase no momento aprobado pola Xunta de Facultade.
Consistirá nunha serie de preguntas e problemas relacionados co programa da materia.
70
 
Observacións avaliación

Os alumnos serán avaliados mediante o seguinte sistema de
cualificación: 



- C1: Cualificación da proba mixta: para aprobar a
materia, o alumno deberá de obter un mínimo do 45% da nota máxima neste
apartado. 



- C2: Cualificación das prácticas de laboratorio: para
aprobar a materia, o alumno deberá de obter un mínimo do 45% da nota máxima
neste apartado. 



- C3: Cualificación das sesións presenciais, nas clases
de solución de problemas e probas curtas. 



- C4: Cualificación da evolución global da progresión do
alumno. 



O alumno aprobará a materia se consegue un mínimo de 5
puntos na seguinte suma: 0,7(C1) + 0,15(C2) + 0,15(C3). 



A cualificación da evolución global da progresión do
alumno (C4) levarase a cabo unha vez efectuadas as restantes cualificacións
(C1, C2 e C3), e soamente para aqueles alumnos que aprobasen a materia. No caso
de que algún alumno supere, na suma total de todas as cualificacións, os dez
puntos, asignaráselle a nota de 10,0 puntos. 



A participación nas actividades extraordinarias
recomendadas contribuirá á alza na nota final. 



No caso de que a cualificación da materia sexa inferior a
suma 0,85(C1) + 0,15(C2), a nota será substituída polo valor desta suma. 



Si a cualificación final é maior de 5 puntos pero non
acada o 45% da nota nos dous primeiros apartados (C1 e C2) a nota que figurará
na acta será de 4,5 (suspenso). 



Si o alumno asiste ás prácticas de laboratorio non poderá
obter a cualificación de "Non Presentado". 



A cualificación obtida na "primeira
oportunidade" (convocatoria de febreiro), en caso de ser positiva (igual
ou maior que 5), é definitiva.  



O baremo de cualificación da "segunda
oportunidade" será o mesmo que o descrito para a "primeira
oportunidade", coa salvedade de que a nota da proba mixta da segunda
oportunidade substituirá a nota da proba mixta da primeira oportunidade. 



Se o alumno non acadase o 45% da nota máxima no apartado
de prácticas de laboratorio na primeira oportunidade, non poderá superar a
materia na segunda oportunidade. 



Os alumnos que sexan avaliados na "segunda
oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo
destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa
totalidade na "primeira oportunidade".  



Aqueles alumnos que se acollan ao “recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” de
acordo coa normativa da UDC, só deberán asistir de maneira obrigatoria ás
clases prácticas de laboratorio. A cualificación final para os devanditos
alumnos constará de dous partes: a cualificación obtida nas prácticas de
laboratorio, que contribuirá nun 15% á nota final e a proba mixta, que
computará polo 85% restante. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse ás
dúas oportunidades. A cualificación de “non presentado” outorgarase a aqueles
alumnos acollidos ao mencionado réxime de exención a condición de que non se
presenten á proba mixta. 



Todo o proceso de ensino-aprendizaxe descrita na presente
guía, incluída a avaliación, refírese única e exclusivamente ao presente curso
académico. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes