Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Bioquímica Estrutural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 B3 B4 C3 As prácticas de laboratorio considéranse como unha actividade presencial OBLIGATORIA para superar a materia.
A avaliación consistirá na elaboración dunha memoria de prácticas onde se teña en conta a calidade do traballo, a adecuación na representación gráfica dos datos, a interpretación dos resultados, así como a capacidade de debate destes, para o que se considerará o seguinte. condición necesaria: uso da linguaxe científica e información bibliográfica correcta e contrastada.
10
Proba mixta B3 B4 C6 Avaliación dos coñecementos teóricos (test, problemas, cuestións). 70
Prácticas a través de TIC A3 A7 B3 B4 B7 B8 C3 C6 C7 A asistencia ás sesións formativas considérase unha actividade presencial OBRIGATORIA para superar o curso.
A avaliación consistirá na elaboración en grupo dun texto analizando unha secuencia de aminoácidos seleccionada polo profesor. Avaliarase a calidade do traballo, a adecuación na representación gráfica dos datos, a interpretación dos resultados, así como a capacidade para debatelos, para o que se considerará condición necesaria o uso da linguaxe científica e a información bibliográfica correcta e contrastada.
20
 
Observacións avaliación

-AS PRÁCTICAS DE LABORATORIO son obrigatorias. O alumnado que non realice TODAS as prácticas sen motivo debidamente xustificado impiden a superación da materia. PROBA OFICIAL PARA XUÑO A.-Para superar a materia será necesario acadar o 45% dos puntos, en cada unha das Partes Avaliables: Proba Obxectiva, Prácticas de Laboratorio e Prácticas TIC. B.-MATRÍCULA DE HONORA: terán prioridade para optar á MH aqueles alumnos que aproveiten a primeira oportunidade (examen oficial de xuño). OPORTUNIDADE OFICIAL DE XULLO A.-Para superar a materia será necesario acadar o 45% dos puntos, en cada unha das Partes Avaliables: Proba Obxectiva, Resolución de Problemas e Prácticas de Laboratorio. Cualificación Final, en Acta: En calquera das 2 Opcións: Xuño ou Xullo, SÓ se sumarán as cualificacións de todas as Partes (Proba Obxectiva, Prácticas de Laboratorio e Prácticas TIC) se todas alcanzan o 45% do seu valor. De non acadarse esta porcentaxe en ningún deles, só figurará na Acta a nota do 4. CONSIDERACIÓN DE NON PRESENTADO (NP): 1a Oportunidade en xuño: O alumno que non se presente á proba obxectiva na data oficial. 2a Oportunidade de xullo: aplicarase Un NON PRESENTADO cando o alumno non se presente a ningunha das partes avaliables. Casos excepcionais: Excepcionalmente, no caso de que o alumno/a, por causas debidamente xustificadas, non puidese presentarse a todas as probas de avaliación continua, o/s profesor/s adoptará as medidas que consideren oportunas para o efecto. .-Para o alumnado con dedicación parcial ou exención de asistencia, realizarase un exame global específico de avaliación nas sesións de xuño e xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes