Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía e Inmunoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria para todo o alumnado. Nelas abórdanse experimentalmente aspectos básicos da Microbioloxía e a Inmunloxía para que o alumno/a se inicie correctamente nos procesos e metodoloxías básicas destas disciplinas.
Seminario Realizaranse seminarios de distintos tipos nos que se afondará nos contidos teóricos das disciplinas desta materia.
Algún deles poderá supoñer un reforzo dos contidos tratados nas sesións maxistrais ou nas prácticas.
Todos eles tratarán de estimular o traballo continuado do alumnado ao longo do cuadrimestre.
Poderán ser avaliados conxuntamente coa sesión maxistral na proba mixta, e tamén nunha avaliación específica.
Proba mixta Proba escrita na que se porá en valor o grao de coñecemento e comprensión acadado polo alumnado.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado das bases teóricas da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes