Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía e Inmunoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B3 B4 B8 C3 C8 Resolución de problemas para facilitar o éxito na proba escrita.
Os traballos dirixidos serán avaliados mediante unha rúbrica
20
Sesión maxistral A3 B4 B6 B8 C3 C6 C8 O grao de coñecemento dos contidos teóricos adquiridos nas sesións maxistrales e seminarios avaliarase mediante unha proba escrita 70
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 B7 C7 Asistencia obrigatoria e evaluación a través dun exame práctico e/ou escrito.
A non realización das prácticas impide a superación da materia.
10
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio para ser avaliado/a, así como entregar en tempo e forma as tarefas que sexan obrigatorias nos seminarios.

A non realización das prácticas impide a superación da materia, e o alumando que non as realice non poderá presentarse a proba mixta (exame).

Para a consideración de "NON PRESENTADO" non deberá terse realizado a proba mixta.

No caso de non aporbar a materia na primeira opción, na segunda só poderá presentarse a proba mixta.

Se o número de matrículas de honra que poden concederse se esgota na primeira opción, non poderá concederse ninguna na segunda, aínda que se obteña a máxima nota.

No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente a un alumno/a de parte do proceso de avaliación. Dito alumno/a tería que someterese a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica serán avaliados de prácticas e teoría.

A realización fraudulenta e comprobada das probas ou activiades de avaliación, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes