-A asistencia ás prácticas e a entrega da Memoria, son requisitos imprescindibles para superar a materia
-Para superar a materia será necesario obter unha nota non inferior a 4,5 sobre 10 na proba mixta e acadar, sumando as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5,0.
-Se non se acadara a nota mínima da proba mixta final, a materia figurará como suspensa, aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a nota final outorgada será de 4,5.
-A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade.
-Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e manterase a cualificación do resto de actividades.
-A cualificación de non presentado concederáselles aos que non se presenten á proba mixta.
-O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que non poida asistir aos seminarios, poderá ter asignados diferentes traballos/problemas ao longo do curso para ser expostos en horario de titoría.