Guia docenteCurso
Facultad de Derecho
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Dereito
 Asignaturas
  Derecho Natural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Derecho Natural Código 612001102
Titulación
Licenciado en Dereito
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
1º y 2º Ciclo Anual
Primero Obligatoria 0
Idioma
Castellano
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descripción general Esta materia ten por obxecto introducir ó estudante no mundo do Dereito, tanto no que atinxe a certos contidos xerais coma no referido a habelencias e competencias proprias do xurista. Normalmente non falaremos de “avogado” senon de “xurista”, porque este termo designa ó profesional do Dereito, mentras que aquel só fai mención dunha das posíbeis profesións relacionadas co Dereito, e mesmo non a máis característica, aínda que talvez si a máis coñecida e, dende logo, a máis estendida numéricamente. Os contidos xerais son prioritarios neste curso, mentres que as habelencias ou competencias terán de ser adquiridas pola/o estudante de Dereito ó longo de tódala Licenciatura e, despois, na formación de postgrao e no exercicio profesional. Dende o ponto de vista dos coñecementos ou contidos, se pretende en primeiro lugar que o estudante adquira unha visión global do Dereito coma prática social, dos elementos que integran a devandita prática, dos seus caracteres más sobranceiros e da súa relación con outras práticas sociais ou ordes normativas. En segundo lugar, se pretende que o estudante adquira un coñecemento detallado dos principais procesos dinámicos que configuran a vida do Dereito e dos conceptos que permiten comprendelos, así como os elementos estruturais da orde xurídica. Finalmente, en terceiro lugar, se pretende introducir ó estudante na discusión sobre a xustiza, a través das dúas principias concepcións ou tradicións do pensamento xurídico. Noutros termos, polo que atinxe aos contidos, neste curso se tentará responder a 2 cuestións fundamentais: 1) que é o Dereito, e 2) como se estrutura a vida xurídica, que procesos teñen lugar normalmente dentro dela, como se desenvolven eses procesos e que conceptos permiten comprendelos axeitadamente. Cada unha desas cuestións constitúe o obxecto respectivo das dúas primeiras partes do programa xeral do curso. Ambas son moi importantes para unha/un estudante que comeza os seus estudos de Dereito, pois abordan conceptos e nocións usados ou presupostos en case tódalos sectores do Dereito e da Ciencia xurídica. A resposta a cada unha desas grandes cuestións esixirá estudar e analisar previamente outros moitos asuntos máis concretos e específicos, que irán sendo tratados en cada un dos temas que compoñen o programa. A primeira das cuestións non é exclusiva dos xuristas. En rigor, se refire a unha realidade (o Dereito) que afecta a toda persoa polo mero feito de vivir en sociedade, y que, por iso, atinxe a todos e pode ser prantexada por calquera persoa. Porén, a resposta que aquí se tentará non será a que lle abondaría ao home da rúa, xa que se trata de profundizar no que vai constituír o ámbito de desenvolvemento profesional das/os estudantes deste curso. Dada a importante distancia entre a visión do home da rúa acerca do Dereito e o seu modo de ser e funcionamento real, será preciso por parte do estudantes deste curso un esforzo para se aproximar a un aspecto da realidade no que estamos mergullados dende o noso nacemento, mais que de cotío non coñecemos ben. A segunda das cuestións si é específica dos xuristas, e atinxe en menor medida ao home da rúa. Con todo, pode ser abordada a diferentes niveis. Neste curso non se analisará un sector concreto do Dereito español, senon aquelas nocións, estruturas e procesos que xeralmente son compartidos por tódolos sectores do Dereito, mesmo por aqueles sistemas xurídicos que pertencen a outros países e/ou a outras épocas. Esta parte do curso se estrutura en torno a conceptos e nocións xerais, que operan e son aplicadas na meirande parte do sectores da ciencia xurídica. O terceiro grupo de contidos está artellado ó redor da noción de xustiza, que non é tampouco privativa dos xuristas. O obxectivo destes derradeiros temas é que o estudante se introduza na cuestión da xustiza e a súa relación co Dereito, mediante o coñecemento da súa presenza e o seu significado nas dúas principais concepcións ou tradicións do pensamento xurídico occodental: o iusnaturalismo e o positivismo xurídico. Quen estuda Dereito non pode razoar nen se expresar axeitadamente se non coñece e emprega con precisión estes conceptos e nocións. Cómpre insistirmos en que estes funcionan na prática totalidade dos sectores do Dereito e que toda/o estudante necesita usalos (ou dalos por supostos) ao estudaren o resto das materias que integran a Licenciatura en Dereito, e todo avogado, xuíz,… debe manexalos ó analisaren e estudaren problemas concretos que se lle prantexan na súa actividade profesional. Polo tanto, un obxectivo importante do curso é introducirmos ao estudante no manexo prático desas nocioóns ou conceptos xerais, e mesmo no modo de razoar dos xuristas, a través da comprensión de textos e da análise de material xurídico, tanto español coma estranxeiro, e tanto legal coma xurisprudencial ou doutrinal. Cómpre agora referise ás habelencias ou competencias a desenvolver neste curso. O Dereito forma parte da vida social, mais a Ciencia do Dereito non é exatamente unha ciencia social, porque o xurista se enfronta a cuestións e problemas sociais singulares e concretos, non xerais, como sería o caso do politólogo, ol economista ou o sociólogo. Amais, e sobre todo, o instrumento principal do xurista son os textos; o seu contacto coa realidade social está mediado polo manexo de textos escritos de diversa natureza: lexislativos, xurisprudenciales e doutrinales ou científicos. Non sucede só que os feitos que constitúen un caso prático xurídico son estudados á luz dos textos que se veñen de mencionar, senon que eles mesmos teñen de ser relatados dun xeito ordeado (adoutando así a forma de texto ou de narración) para poder seren abordados e resolvidos. Polo tanto, dende o ponto de vista das habelencias ou competencias, o obxecto do curso se traduce na iniciación e o avanzo das/os estudantes nas seguintes competencias específicas, que terán de ser desenvolvidas ao longo de tódala carreira: a) Leitura e comprensión de textos xurídicos (doutrinales, legais e xurisprudenciais). b) Capacidade de análise crítica do Dereito establecido. c) Capacidade de expresión oral e escrita. d) Capacidade de argumentación xurídica e familiarización co xeito de razoar proprio dos xuristas. Amais, é razoábel pensar que o traballo desta materia fortalecerá o desenvolvemento doutras habelencias ou competencias máis xenéricas pero non menos importantes: a) Capacidade de análise e síntese. b) Capacidade de resolución de problemas. c) Habilidade para a xestión de información. d) Habilidade para traballaren de xeito autónomo e en equipo, e para tomaren decisións organizativas en relación con isto. Para o desenvolvemento das anteriores competencias, o curso está deseñado para que as/os estudantes traballen tódolos días ou, polo menos, tódalas semanas, con diferente intensidade e adicación segundo os temas. O traballo persoal constante das/os estudantes e, en menor medida, o traballo en equipo, resultan decisivos para superar con éxito o curso. Finalmente, este curso tamén se propón, aínda que de xeito indirecto, suscitar certas atitudes nas/os estudantes, tanto de tipo intelectual como de índole ética: a) O sentido da xustiza, en conexión coa idea de que o Dereito existe para o logro de certos fins. b) O espíritou crítico. c) O sentido do rigor conceptual e do razoamento.
Plan de contingencia 1. Modificaciones en los contenidos 2. Metodologías *Metodologías docentes que se mantienen *Metodologías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado 4. Modificacines en la evaluación *Observaciones de evaluación: 5. Modificaciones de la bibliografía o webgrafía
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes