Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Dereito
 Subjects
  Dereito Natural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2021/22
Subject (*) Dereito Natural Code 612001102
Study programme
Licenciado en Dereito
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
First and Second Cycle Yearly
First Obligatory 0
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description Esta materia ten por obxecto introducir ó estudante no mundo do Dereito, tanto no que atinxe a certos contidos xerais coma no referido a habelencias e competencias proprias do xurista. Normalmente non falaremos de “avogado” senon de “xurista”, porque este termo designa ó profesional do Dereito, mentras que aquel só fai mención dunha das posíbeis profesións relacionadas co Dereito, e mesmo non a máis característica, aínda que talvez si a máis coñecida e, dende logo, a máis estendida numéricamente. Os contidos xerais son prioritarios neste curso, mentres que as habelencias ou competencias terán de ser adquiridas pola/o estudante de Dereito ó longo de tódala Licenciatura e, despois, na formación de postgrao e no exercicio profesional. Dende o ponto de vista dos coñecementos ou contidos, se pretende en primeiro lugar que o estudante adquira unha visión global do Dereito coma prática social, dos elementos que integran a devandita prática, dos seus caracteres más sobranceiros e da súa relación con outras práticas sociais ou ordes normativas. En segundo lugar, se pretende que o estudante adquira un coñecemento detallado dos principais procesos dinámicos que configuran a vida do Dereito e dos conceptos que permiten comprendelos, así como os elementos estruturais da orde xurídica. Finalmente, en terceiro lugar, se pretende introducir ó estudante na discusión sobre a xustiza, a través das dúas principias concepcións ou tradicións do pensamento xurídico. Noutros termos, polo que atinxe aos contidos, neste curso se tentará responder a 2 cuestións fundamentais: 1) que é o Dereito, e 2) como se estrutura a vida xurídica, que procesos teñen lugar normalmente dentro dela, como se desenvolven eses procesos e que conceptos permiten comprendelos axeitadamente. Cada unha desas cuestións constitúe o obxecto respectivo das dúas primeiras partes do programa xeral do curso. Ambas son moi importantes para unha/un estudante que comeza os seus estudos de Dereito, pois abordan conceptos e nocións usados ou presupostos en case tódalos sectores do Dereito e da Ciencia xurídica. A resposta a cada unha desas grandes cuestións esixirá estudar e analisar previamente outros moitos asuntos máis concretos e específicos, que irán sendo tratados en cada un dos temas que compoñen o programa. A primeira das cuestións non é exclusiva dos xuristas. En rigor, se refire a unha realidade (o Dereito) que afecta a toda persoa polo mero feito de vivir en sociedade, y que, por iso, atinxe a todos e pode ser prantexada por calquera persoa. Porén, a resposta que aquí se tentará non será a que lle abondaría ao home da rúa, xa que se trata de profundizar no que vai constituír o ámbito de desenvolvemento profesional das/os estudantes deste curso. Dada a importante distancia entre a visión do home da rúa acerca do Dereito e o seu modo de ser e funcionamento real, será preciso por parte do estudantes deste curso un esforzo para se aproximar a un aspecto da realidade no que estamos mergullados dende o noso nacemento, mais que de cotío non coñecemos ben. A segunda das cuestións si é específica dos xuristas, e atinxe en menor medida ao home da rúa. Con todo, pode ser abordada a diferentes niveis. Neste curso non se analisará un sector concreto do Dereito español, senon aquelas nocións, estruturas e procesos que xeralmente son compartidos por tódolos sectores do Dereito, mesmo por aqueles sistemas xurídicos que pertencen a outros países e/ou a outras épocas. Esta parte do curso se estrutura en torno a conceptos e nocións xerais, que operan e son aplicadas na meirande parte do sectores da ciencia xurídica. O terceiro grupo de contidos está artellado ó redor da noción de xustiza, que non é tampouco privativa dos xuristas. O obxectivo destes derradeiros temas é que o estudante se introduza na cuestión da xustiza e a súa relación co Dereito, mediante o coñecemento da súa presenza e o seu significado nas dúas principais concepcións ou tradicións do pensamento xurídico occodental: o iusnaturalismo e o positivismo xurídico. Quen estuda Dereito non pode razoar nen se expresar axeitadamente se non coñece e emprega con precisión estes conceptos e nocións. Cómpre insistirmos en que estes funcionan na prática totalidade dos sectores do Dereito e que toda/o estudante necesita usalos (ou dalos por supostos) ao estudaren o resto das materias que integran a Licenciatura en Dereito, e todo avogado, xuíz,… debe manexalos ó analisaren e estudaren problemas concretos que se lle prantexan na súa actividade profesional. Polo tanto, un obxectivo importante do curso é introducirmos ao estudante no manexo prático desas nocioóns ou conceptos xerais, e mesmo no modo de razoar dos xuristas, a través da comprensión de textos e da análise de material xurídico, tanto español coma estranxeiro, e tanto legal coma xurisprudencial ou doutrinal. Cómpre agora referise ás habelencias ou competencias a desenvolver neste curso. O Dereito forma parte da vida social, mais a Ciencia do Dereito non é exatamente unha ciencia social, porque o xurista se enfronta a cuestións e problemas sociais singulares e concretos, non xerais, como sería o caso do politólogo, ol economista ou o sociólogo. Amais, e sobre todo, o instrumento principal do xurista son os textos; o seu contacto coa realidade social está mediado polo manexo de textos escritos de diversa natureza: lexislativos, xurisprudenciales e doutrinales ou científicos. Non sucede só que os feitos que constitúen un caso prático xurídico son estudados á luz dos textos que se veñen de mencionar, senon que eles mesmos teñen de ser relatados dun xeito ordeado (adoutando así a forma de texto ou de narración) para poder seren abordados e resolvidos. Polo tanto, dende o ponto de vista das habelencias ou competencias, o obxecto do curso se traduce na iniciación e o avanzo das/os estudantes nas seguintes competencias específicas, que terán de ser desenvolvidas ao longo de tódala carreira: a) Leitura e comprensión de textos xurídicos (doutrinales, legais e xurisprudenciais). b) Capacidade de análise crítica do Dereito establecido. c) Capacidade de expresión oral e escrita. d) Capacidade de argumentación xurídica e familiarización co xeito de razoar proprio dos xuristas. Amais, é razoábel pensar que o traballo desta materia fortalecerá o desenvolvemento doutras habelencias ou competencias máis xenéricas pero non menos importantes: a) Capacidade de análise e síntese. b) Capacidade de resolución de problemas. c) Habilidade para a xestión de información. d) Habilidade para traballaren de xeito autónomo e en equipo, e para tomaren decisións organizativas en relación con isto. Para o desenvolvemento das anteriores competencias, o curso está deseñado para que as/os estudantes traballen tódolos días ou, polo menos, tódalas semanas, con diferente intensidade e adicación segundo os temas. O traballo persoal constante das/os estudantes e, en menor medida, o traballo en equipo, resultan decisivos para superar con éxito o curso. Finalmente, este curso tamén se propón, aínda que de xeito indirecto, suscitar certas atitudes nas/os estudantes, tanto de tipo intelectual como de índole ética: a) O sentido da xustiza, en conexión coa idea de que o Dereito existe para o logro de certos fins. b) O espíritou crítico. c) O sentido do rigor conceptual e do razoamento.
Contingency plan 1. Modifications to the contents 2. Methodologies *Teaching methodologies that are maintained *Teaching methodologies that are modified 3. Mechanisms for personalized attention to students 4. Modifications in the evaluation *Evaluation observations: 5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes