Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
 Asignaturas
  Políticas e liberdades
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Durante a primeira hora de clase, o Coordinador da Materia realizará unha presentación da estrutura da guía docente e da materia obxecto de estudo, do cronograma da Materia, así como das metodoloxías que se empregarán e o sistema de avaliación.
Estudo de casos Algúns profesores entregarán aos alumnos casos prácticos sobre temas tratados durante as sesións maxistrais, que serán debatidos durante as clases. Para iso, os alumnos terán que acudir a distintas fontes xurídicas do Ordenamento xurídico da Unión Europea, e, así mesmo, aprender a traballar en equipo.
Sesión maxistral O profesor explicará aos alumnos os aspectos máis relevantes dos temas incluídos, e facilitando en todo momento o diálogo cos alumnos, e tratando de ofrecer unha visión o máis práctica posible.
Proba obxectiva Avaliación do alumno a través do exame da Parte Xeral, que terá lugar no mes de xaneiro. De todos os xeitos, na medida en que o profesor pida por escrito e devolva corrixidos os casos prácticos, tamén serán tidos en conta. A materia corresponderase cos contidos previamente traballados en clase.
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos terán a oportunidade de coñecer o contido e a estrutura da maior parte das materias optativas que poderán escoller para estudar na Parte especial, mediante a presentación das materias optativas realizada polos Coordinadores das mesmas.
Traballos tutelados A posibilidade dos alumnos de escoller un tema estudado nesta Materia para elaborar o Traballo Fin de Máster, requisito imprescindible para a obtención do título oficial de Máster universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea pola Universidade da Coruña.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes