General description |
A docencia que se imparte nesta materia persigue principalmente a adquisición polo estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre o Tribunal de Xusticia da Unión Europea e a convergencia dos distintos sistemas xurisdiccionais, que integra:
A) Dereito Internacional Público: Adquirir os coñecementos básicos sobre: a organización e funcionamiento do Tribunal de Xustiza da Unión Europea; o seu sistema de accións e recursos.
B) Dereito Procesual Penal e Civil: Adquirir os coñecementos básicos sobre a convergencia dos xuices europeos.
Asemade, coas aulas prácticas desta materia preténdese que os coñecementos teóricos podan ser aplicados polos estudantes para a resolución de casos prácticos, o que lles servirá non só como exercicio para o afianzamento dos coñecementos adquiridos, senón tamén para acadar unha serie de destrezas que poderán aplicar no exercicio profesional. |