Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
 Asignaturas
  Traballo fin de mestrado
   Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Xunto co tema elixido, o alumno proporá un Profesor - Titor do mesmo, de entre os que forman parte do claustro de profesores do Máster UE (profesores con docencia asignada no POD do Máster), previo acordo con este, asentindo na elección do tema e na asunción da tarefa de tutela.

No caso de non procederse desta maneira, a Coordinación do Máster UE designará, de oficio, un Profesor Titor a cada alumno, elixido dentro do claustro de Profesores do Máster. O Titor designado será un profesor do Máster que, pola súa liña de investigación ou traballo, poida resultar especialmente indicado para dirixir o Traballo de Fin de Máster do alumno. Só en casos excepcionais, poderá tutelar un Traballo de Fin de Máster un Profesor ou un especialista alleo ao Máster UE.

A relación de temas propostos e de Profesores titores será sometida á consideración da Comisión Académica do Máster, coa finalidade de verificar que os temas propostos se adecuan aos contidos e obxectivos formativos do Máster UE. O resultado será posto en coñecemento dos alumnos na primeira quincena do mes de marzo de 2015.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes