Guia docenteCurso
Facultad de Derecho
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
 Asignaturas
  Dereito comunitario do mar
   Competencias do título
Código Competencias do título
A4 CE4 - Resolución de problemas derivados dos usos e aproveitamentos dos mares e dos recursos pesqueiros.
A5 CE5 - Coñecemento dos ámbitos materiais nos que existe unha primacía do Dereito da Unión Europea: consumo; Dereito industrial; Dereito da competencia; Dereito de sociedades; Dereito das telecomunicacións; espazo de liberdade, seguridade e xustiza.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 - Coñecemento das institucións da Unión Europea e da vías de acceso ante elas dos cidadáns e das persoas xurídicas
B7 CG2 - Coñecemento das áreas xeográficas e dos aspectos materiais nos que se desenvolve a acción exterior da Unión Europea
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes