Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
 Subjects
  EU law of the sea
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Manexo dos actos xurídicos comunitarios, podendo determinar o seu alcance e efectos no ordenamento interno estatal. AR4
Coñecemento das vías de participación (nacionais e comunitarias) dos entes subestatais nos asuntos comunitarios, con especial atención ao modelo autonómico español. AR5
Capacidade para resolver os problemas que se derivan dos usos e aproveitamentos de mares e océanos en clave internacional e comunitaria. BR1
Dominio do sistema de captación e xestión dos recursos comunitarios. BR2
Coñecemento dos instrumentos xurídicos e institucionais a través dos que se articulan as competencias exteriores da Unión Europea. BR3
Coñecemento das áreas xeográficas e dos eidos materiais nos que se desenvolve a acción exterior da Unión Europea. BR7
Manexo solvente do portal xurídico comunitario en Internet, incluso dende a casa, ós efectos de poder localizar todo tipo de documentación xurídica da Unión Europea, normativa ou non normativa. BR4
Que o alumno alcance unha comprensión sistemática dunha área de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa devandita área. BR5
Capacidade crítica para analizar as distintas problemáticas derivadas dos aspectos xurídicos, institucionais, xeográficos e materiais que integran a dimensión exterior da Unión Europea. BR6
Que o alumno sexa capaz de aplicar coñecementos para a resolución de problemas nos novos ámbitos ou en ámbitos pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares. CR4
Que utilice como habilidade de aprendizaxe técnicas de estudo autodirixidas ou autónomas. CR6
Que o alumno sexa capaz, por un lado, de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica, así como, por outro lado, de contribuír a través dunha investigación orixinal que sexa merecedora da oportuna publicación referenciada a nivel nacional ou internacional. CR7
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CR8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes