Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
 Study programme competences


TypeA Code  
  Research guided
  AR1 CE 1 - Resolución de problemas derivados da unión económica e monetaria
  AR2 CE 2 - Claves da libre circulación de persoas, servizos e capitais
  AR3 CE3 -Coñecemento dos distintos estatutos xurídicos persoais fundados na nacionalidade
  AR4 CE4 - Resolución de problemas derivados dos usos e aproveitamentos dos mares e dos recursos pesqueiros.
  AR5 CE5 - Coñecemento dos ámbitos materiais nos que existe unha primacía do Dereito da Unión Europea: consumo; Dereito industrial; Dereito da competencia; Dereito de sociedades; Dereito das telecomunicacións; espazo de liberdade, seguridade e xustiza.
  AR6 CE 6 - Coñecemento dos sistemas de recursos e procedementos xudiciais comunitarios
  AR7 CE 7 - Manexo solvente dos sistemas de captación e xestión de recursos comunitarios.
  AR8 CE 8 - Coñecemento das políticas de xénero da Unión Europea.
  AR9 CE 9 - Capacidade para ponderar o valor atribuído ao recoñecemento dos dereitos sociais no ámbito do proceso de integración supranacional
  AR10 CE 10 - Coñecemento dos dereitos e deberes das rexións no marco comunitario, así como o carácter evolutivo do proxecto comunitario
  AR11 CE 11 - Coñecemento das vías de participación, nacionais e comunitarias, dos entes subestatais en asuntos comunitarios, con especial atención ao modelo autonómico español
  AR12 CE 12 - Coñecer a regulación da liberdade de pensamento, conciencia e relixión no ámbito comunitario, así como a xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) nestos ámbitos.
TypeB Code  
  Research guided
  BR1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BR2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BR3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BR4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BR5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  BR6 CG1 - Coñecemento das institucións da Unión Europea e da vías de acceso ante elas dos cidadáns e das persoas xurídicas
  BR7 CG2 - Coñecemento das áreas xeográficas e dos aspectos materiais nos que se desenvolve a acción exterior da Unión Europea
  BR8 CG3 - Manexo solvente da información sobre a UE e dos portais xurídicos e de información da Unión Europea
  BR9 CG4 - Comprensión do pasado xurídico común europeo
TypeC Code  
  Research guided
  CR1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CR2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CR3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CR4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CR5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CR6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CR7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CR8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes