Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Asignaturas
  Deontoloxía e Técnicas Transversais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Deontoloxía e Técnicas Transversais Código 612499001
Titulación
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A formación ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos que permitan o desenvolvimento da súa actividade profesional con sujeción ás normas deontolóxicas e estatutarias. Os obxectivos desta área informarán o resto dos contidos do máster Obxectivos: coñecer os principios e normas deontolóxicas que rexen a profesión. coñecer en detalle o conxunto de obrigacións e dereitos derivados da colegiación e do exercicio da profesión. coñecer o réxime disciplinario e sancionador. Habilidades: detectar situacións deontologicamente relevantes. Actitudes: apreciar os beneficios que reportan para a sociedade e a avogacía os principios éticos e deontolóxicos da profesión de avogado. Cumprir cos principios e normas deontolóxicos. manter un estrito ton profesional en todas as actuacións, utilizar unha linguaxe respectuosa nas actuacións e indumentaria adecuada. TÉCNICAS TRANSVERSAIS: A formación nesta área ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos referentes ás técnicas para construír un discurso claro e convincente. o seu contido informará o resto das materias. 1. Técnicas de comunicación: Obxectivos: Habilidades: Expresarse correctamente de forma verbal e mediante xestos e actitudes. Controlar a dicción, volúmen e modulación do discurso. Descubrir os delatores de nervios e os indicadores de inseguridade. Traballar a capacidade de comunicarse con claridade Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado son un instrumento de persuasión ao servizo dos intereses que defende. Apreciar a conveniencia de adecuar a postura física para facilitar unha dicción correcta. Ser conscientes do impacto do compoñente verbal, vocal e non verbal na comunicación. Reflexionar sobre a importancia da comunicación como habilidade que se pode adestrar. 2. Oratoria forense: Obxectivos: coñecer as técnicas do informe oral e o interrogatorio. Coñecer a terminoloxía xurídica máis usual. Coñecer os sistemas e medios dos que debe valerse o avogado para crear convicción na súa mensaxe. Coñecer os distintos tipos de linguaxe segundo a materia. Coñecer a forma de informe e actuación forense ante o tribunal do xurado. Habilidades: argumentar oralmente con precisión e claridade. Aplicar as técnicas de persuasión, claridade e comprensión. Aplicar as técnicas de interrogatorio. Ser capaz de adecuar a distinta postura procesual ao tipo de discurso. Ser capaz de improvisar e reaccionar oralmente ante trámites ou alegacione inesperadas. Aplicar as técnicas de expresión oral. Aplicar os distintos estilos e protocolos en estrados. Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado/a son un instrumento de persuasión. Adoitarse a informar e interrogar con claridade e precisión. 3. Escritura forense e técnicas documentais. Obxectivos: coñecer as técnicas de redacción e presentación de documentos. Coñecer os distintos tipos de redacción de cartas, informes e ditames. Coñecer a utilidade das escrituras notariais e a intervención do avogado. Coñecer a idoneidade para cada caso dos distintos tipos de documentos. Habilidades: ser capaz de elaborar distintos tipos de cartas e documentos. Aplicar cada tipo de documento á finalidade requirida. Identificar os documentos para a súa utilización posterior ante os tribunais. Redactar documentos de todo tipo: elaboración de interrogatorios, peticións, aclaracións, subsanación de erros. Actitudes: valorar o tipo de documento que é necesario utilizar en cada caso. Valorar a idoneidade dos distintos documentos para o fin perseguido. Adquirir o hábito de redactar aplicando correctamente formato e presentación. 4. Xestións profesionais. Obxectivos: coñecer as técnicas e estratexias para canalizar un asunto. Valorar as opcións de acción xudicial e a súa implicación custo-tempo. Coñecer os medios de obtención de datos en distintos organismos. Coñecer as técnicas de negociación e resolución alternativa de conflitos. Coñecer os expedientes de arbitraxe. Habilidades: aplicar as técnicas para a análise de problemas e a toma de decisións profesionais. Saber identificar o tipo de conflito e derivalo cara ao método de resolución máis adecuado. Aplicar as técnicas de entrevista cos clientes e os contrarios. Aplicar as técnicas de negociación e resolución de conflitos. Actitudes: perder o medo á toma de decisións profesionais. Manter unha adecuada relación e comunicación co cliente. Adquirir o hábito de manter informado o cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. Apreciar a conveniencia dunha solución negociada ao conflito.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se modifican 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión magistral. solución de problemas proba objetiva análisis De Fontes documentales *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Teams: Na franxa horaria que ten asignada a materia. 4. Modificacións na avaliación. non se realizan cambios *Observacións de avaliación:Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. O cómputo de asistencia realizarase respecto das sesións presenciais que se celebraron. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes