Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Asignaturas
  Práctica Procesual Civil
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Cuestións procesuais. Dilixencias preliminares, proba anticipada e medidas cautelares. Obxectivos: Coñecer as actuacións previas que debe realizar un letrado antes de presentar a demnada; coñecer os requisitos e presupostos procesuais, coñecer o funcionamento das dilixencias preliminares, a proba anticipada e as medidas cautelares. Coñecer os diferentes tipos de procesos civís. Habilidades: Asegurarse das cuestións procesuais e en particular da lexitimación, a conciliación, as dilixencias preliminares... Elixir a pretensión que se debe exercitar e precisar a petición. Actitudes: ilustrar ao cliente sobre o distinto alcance das diferentes accións posíblesi. Procurar garantir o éxito da pretensión (dilixencias preliminares e proba anticipada). Concienciarse da necesidade de establecer correctamente a contía do procedemento. procurar asegurar a tutela cautelar. 2. Demanda, contestación e reconvención. Xuízo ordinario. Obxectivos: Coñecer o ámbito, as fases e o funcionamento do xuízo ordinario. Coñecer as especialidades materiais e procesuais que presentan as pretensións que se tramitan por esta vía. Habilidades: Saber concretar o obxecto das diferentes pretensións que se tramitan pola vía do xuízo ordinario. Elixir a pretensión a exercitar e precisar a petición. Aplicar correctamente as defensas e excepcións procesuais e materiais. Elaborar escritos forenses de demanda, contestación e reconvención. Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía do xuízo ordinario. Procurar garantir o éxito da pretensión. Tomar conciencia da relevancia e das peticións e a posibilidade de solicitude de alternativas e subsidiarias. Tomar conciencia da rigorosidade dos prazos. Acostumarse a preparar de xeito responsable os procesos nos que se intervén como avogado. 2. A proba. Obxectivos: Coñecer a distinción entre feitos demostrados e demostrables. Implicar ao cliente na chega dos medios de proba. Dominar a técnica probatoria. Dominar a técnica da oratoria forense e do interrogatorio. Actitudes: Valorar a conveniencia da achega ao preito dos distintos medios de proba. Acostumarse a elaborar un listado cos documentos imprescindibles e demais medios de proba nos casos habituais. 4. Fase oral do procedemento civil. Obxectivos: coñecer a distinción entre feitos novos ou de nova noticia. Coñecer o sistema de recursos e impugnación de documentos. Habilidades: Desenvolverse con solutra, como avogado do actor e do demandado na audiencia previa e no acto do xuízo. Dominar a técnica da oratoria forense. Actitudes: argumentar en sustento da posición defendida. Dominar a técnica da oratoria forense. 5. Xuízo verbal. Obxectivos: Coñecer o ámbito as fases e o funcionamento do xuízo verbal. Coñecer as especialidades materiais e procesuais que se tramitan pola vía do xuízo verbal. Habilidades: Saber concretar o obxecto das diferentes pretensións que se tramitan pola vía do xuízo verbal. Aplicar correctamente as defensas e excepcións procesuais e materiais. Elaborar escritos para o xuízo verbal. Desenovlverse con solutra como avogado de actor e demandado na vista. Dominar a técnica da oratoria forense. Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía do xuízo verbal. Perder o medo ás actuacións nos trámites orais. Acostumarse a preparar de xeito responsable os procedementos nos que se vai intervir como parte. Valorar a conveniencia de opoñerse ou conformarse coas pretensións deducidas de adverso. 6. Xuízo monitorio e cambiario. Obxectivos: Coñecer cando son de aplicación os procedementos especiais e ter un esquema claro do procedemento. Coñecer o ámbito, fases e funcionamento dos xuízos monitorio e cambiario. Habilidades: Saber concretar o obxecto das pretensións que se tramitan polas vías dos procesos especiais. Asegurar os presupostos procesuais. Preparar axeitadamente os documentos que deben acompañar á petición inicial. Saber precisar a petición. Elaborar os escritos básicos dos procedementos. Prever a posible estratexia que pode adoptar o demandado. Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía procesual privilexiada. Valorar a conveniencia de pagar, non contestar ou opoñerse ao xuízo. 7. Terminación do proceso. Obxectivos: Coñecer cando son de aplicación as distintas vías de finalización do proceso. Coñecer as posibilidades de actuación procesual e material en cada un dos supostos. Habilidades: Saber valorar as sentencias dictadas en orde á interposición dos recursos que correspondan. Diferenciar entre aplanamento, renuncia e transacción. Prever as consecuencias dos distintos tipos de terminación do procedemento. Actitudes: Acostumarse a analizar as sentenzas. Adquirir o hábito de analizar con detemento o xeito más adecuado de terminación do proceso en función dos intereses dos patrocinados. 8. Recursos. Obxectivos: Coñecer os sistema de recursos no proceso civil. Coñecer a técnica de tramintación dos recursos máis habituais. Habilidades: Elaborar escritos de preparación, interposición, impugnación e oposición de recursos. Asegurarse das cuestións procesuais. Elixir a motivación e precisar a petición. Valorar a oportunidade de impugnar o recurso, opoñerse, viabilidade de propoñer proba ou celebrar vista. Dominar a técnica do infrome nas vistas dos recursos tanto dende o punto de vista do avogado recorrente como do recurrido. Actitudes: Acostumarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais e valorar a oportunidade de recurrilas dende o punto de vista coste/beneficio. Ser quen de elixir o medio de impugnación axeitado en cada caso concreto. Acostumarse a utilizar as bases de datos xurídicas para buscar os fundamentos do recurso. Tomar conciencia da reigorosidade dos prazos procesuais. Acostumarse a formular de xeito responsábel os recursos. 9. Execución. Obxectivos: Coñecer o funcionamento do proceso de execución civil nas súas diferentes modalidades. Habilidades: Desenvolver a execución provisional e definitiva en todos os seus trámites. Valorar o xuízo de execución, cuestións procesuais, a posible integración do patrimonio do debedor, medidas de investigación e localización de bens. Actitudes: Valorar a conveniencia da execución provisional. Valorar a transcendencia da execución definitiva. Procurar garantir o éxito da pretensión executiva. Valorar a oportunidade de realizar os bens por medios diferentes á poxa. 10. Compravenda. Obxectivos: Coñecer as peculiariedades dos contratos. Coñecer as características básicas da compravenda inmobilidaria. Coñecer as medidas de aseguramento. Habilidades: Manexar o xeito de contratación e as súas cláusulas. Diferenciar as peculiariedades da compravenda imobiliaria e de bens de consumo. Actitudes: Analizar o tipo de contrato máis axeitado ás necesidades do cliente. Adquirir hábito de analizar con detemento as cláusulas dun contrato. Valorar a comveniencia de asegurar o pagamento e a entrega. 11. Xuízos simulados. Cada alumno/a recibirá cando menos un caso no que deberá actuar asesorando ao seu cliente mentres outro compañeiro fará o mesmo dende a óptica da parte contraria. Ambas partes deberán facer e presenar, nos termos previstos legalmente, os escritos e actividades propias dun avogado en exercicio. A tramitación simulada dos procedementos levarase a cabo diante dun xulgado ou tribunal. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM7
AM10
AM13
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM9
BM11
BM12
CM1
CM2
CM5
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes