Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Subjects
  Civil law practice II
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Obxectivo xeral: a formación ten por obxexto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos en materia de Derecho sustantivo e procesual civil, en relación co asesoramento dos intereses encomendados polo cliente, a análise e redacción dos documentos xurídicos, dirección de procedementos xudiciais e, en xeral, o axeitado exercicio da profesión nestes ámbetos (familia, sucesións e danos). 1. Familia. Obxectivos: coñecer as consecuencias xurídicas da ruptura do matrimonio ou da parella de feito (unións estables de parella). Coñecer os trámites procesuais aplicables en materia de familia. Coñecer o réxime xurídico das medidas cautelares previas e coetáneas. Aprender a realizar a liquidación do réxime económico matrimonial. Habilidades: Saber redactar demandas de separación, divorcio, alimentos e custodia, tanto de mutuo acordo, coma contenciosas. Saber redactar convenios reguladores. Conciliar os intereses do propio cliente coa especial protección dos fillos menores. Saber redactar convenios de liquidación do réximen económico matrimonial e formular xudicialmente propostas de inventario e de liquidación. Actitudes: Defender o interés do cliente nunha negociación de ruptura consensuada. Propor medios de proba oportunos. Documentar os acuerdos alcanzados nos procedementos de mutuo acordo. Recopilar a información necesaria para a realización do inventario e a inclusión e exclusión de bens. Documentar a liquidación do réxime económico matrimonial. Informar o cliente dos efectos económicos da liquidación, incluidos os fiscais. AC1
AC2
AC3
AC4
AC7
AC10
AC13
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC9
BC11
BC12
CC1
CC2
CC5
CC6
2. Sucesións: Obxectivos: coñecer os modos de apertura da sucesión na herdanza, tipos, incapacidades e prohibicións. Coñecer a sucesión paccionada, a testada e os tipos de testamento. Coñecer o contido mínimo do testamento, legados e lexítimas. Coñecer a sucesión intestada e os seus trámites. Coñecer a aceptación da herdanza, a repudiación e o sistema de colación. Coñecer o réxime de administración dos bens da comunidade hereditaria. Coñecer cómo se forma un inventario de bens cómo formular oposición a inclusión dun determinado ben. Coñecer os cuadernos particionais. Coñecer as especialidades en materia sucesoria propias do Dereito civil de Galicia. Habilidades: diferenciar con claridade entre unha sucesión voluntaria e legal. Aplicar correctamente as causas de incapacidade e as prohibicións para suceder. Aplicar correctamente o instrumento da delación. Identificar os tipos de testamento. Aplicar correctamente o sistema de lexítimas. Tramitar notarial e xudicialmente unha sucesión intestada. Determinar a conveniencia de aceptar ou repudiar unha herencia. Elexir entre aceptación pura e simple e a beneficio de inventario. Deslindar os actos de mera administración. Diferenciar entre un contador testamentario, un contador dativo e un xudicial. Respetar as lexítimas na partición. Cerciorarse do Dereito aplicable en función da vecindade civil do causante. Garantir que nos testamentos quede plasmada realmente a vontade do testador. Actitudes: asesorar o cliente do xeito mais conveniente según os diferentes tipos de sucesión. Ter sempre presentes as peculiaridades que poden concorrer na sucesión (incapacidades, prohibicións…) Asesorar convenientemente o cliente que vai a realizar testamento tendo en conta as implicacións legais e fiscais. Asesorar o cliente sobre os efectos de la aceptación e da repudiación da herdanza. Asesorar o cliente sobre os efectos das donacións os seus herdeiros forzosos. Procurar o aseguramiento dos bens da herdanza. Advertir o cliente sobre a adecuación de utilizar distintos instrumentos propios do Dereito civil de Galicia para ordenar a súa sucesión hereditaria, específicamente canto a empresa familiar. AC1
AC2
AC3
AC4
AC7
AC10
AC11
AC13
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC9
BC11
BC12
CC1
CC2
CC5
CC6
3. Dereito de danos. Obxectivos: coñecer o sistema de responsabilidade civil extracontractual no ámbito civil. Coñecer as formas de prevención da responsabilidade civil. Coñecer os presupostos da acción civil de responsabilidad extracontractual e a doutrina xurisprudencial da objetivización da responsabilidade. Distinguir os suxeitos intervintes e as especialidades da responsabilidade civil xurdida dos ilícitos penais. Coñecer as formas de determinación do dano a través das pruebas. Coñecer, valorar e utilizar a proba pericial. Coñecer as peculiaridades das accións de responsabilidade civil por danos nos distintos ámbitos (profesional, sanitario, construcción…). Coñecer las especialidades da responsabilidade civil derivada da circulación de vehículos a motor. Aprender a utilizar o baremo de valoración de danos corporais. Coñecer o funcionamiento do seguro e do Consorcio de Compensación de Seguros. Coñecer as especialidades procesuais do tratamiento xurídico dos danos privados. Habilidades: distinguir os suxeitos intervintes na responsabilidade civil extracontractual. Redactar unha demanda de responsabilidade civil. Formular reclamacións extraxudiciais por responsabilidade civil. Interpretar axeitadamente os informes periciais e forenses. Emitir as instruccións precisas para a realización dun informe pericial. Calcular a valoración de danos e secuelas. Utilizar correctamente a lexislación aplicable en materia de danos derivados da circulación de vehículos a motor. Saber utilizar o baremo de valoración de danos corporais en materia de tráfico. Actitudes: asesorar o cliente para previr a responsabilidade civil. Emplear en cada caso os medios de proba mais axeitados. Analizar a orde xurisdiccional adecuada para preentar unha demanda exercitando unha acción de responsabilidade civil extracontractual. AC1
AC2
AC3
AC4
AC7
AC10
AC11
AC13
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC9
BC11
BC12
CC1
CC2
CC5
CC6
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes