Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Asignaturas
  Práctica Sustantiva Civil II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral - Os/as Profesores/as exporán os contidos fundamentais da materia, permitindo a participación crítica dos/das alumnos/as.
Estudo de casos - Os/as Profesores/as proporán casos prácticos que os/as alumnos/as resolverán, ben de forma individual, ben en grupo. As soluións plantexaranse e cuestionaranse ante o conxunto de alumnos e alumnas.
Seminario - Ó longo do curso académico proporase a participación en seminarios monográficos sobre responsabilidade civil empresarial e profesional e sobre o sistema de valoración de danos corporais derivados da circulación de vehículos de motor.
Portafolios do alumno - Elaboración dunha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumono durante a impartición da materia. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, etc.
Actividades iniciais - Actividades dirixidas a comprobar o coñecemento dos estudantes das institucións básicas de Dereito de familia, sucesións e danos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes