Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Asignaturas
  Prácticas Externas I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Prácticas Externas I Código 612499010
Titulación
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 15
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Dios Vieitez, Maria Victoria
Correo electrónico
victoria.dios.vieitez@udc.es
Profesorado
Dios Vieitez, Maria Victoria
Correo electrónico
victoria.dios.vieitez@udc.es
Web
Descrición xeral Obxectivo xeral: A formación práctica completa adquírese mediante o coñecemento directo da realidade na que se desenvolve habitualmente o profesional da avogacía. Obxectivos específicos: 1.- Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais. 2.- Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión. 3.- Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da súa profesión. 4.- Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión. 5.- En xeral, desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado. Habilidades: Relacionarse de forma adecuada con outros profesionais. Distinguir as funcións que lle corresponden ao avogado en todos os ámbitos. Realizar con desenvoltura as tarefas cotiás nos ámbitos nos que o avogado exerce a súa profesión. Saber identificar os tipos de conflito e derivalo ao método de solución máis axustado. Identificar e valorar as implicacións interdisciplinares do asunto que se lle encargue. Ser capaz de mediar nun conflito con vocación de imparcialidade. Actitudes: Asumir a función social da avogacía. Relacionarse cos compañeiros e outros profesionais. Ter unha correcta relación deontolóxica. Asumir a formación na profesión como continua. Pór o máximo celo profesional para non incorrer en responsabilidade. Comprender a necesidade de intervernir nos asuntos de quenda de oficio coa mesma responsabilidade e eficacia que os privados. Adoptar os hábitos de traballo dun profesional da avogacía. Adquirir o hábito de traballo individual e en grupo. Valorar o despacho desde unha óptica empresarial. Ter unha correcta relación deontolóxica co cliente, os compañeiros e o resto dos operadores xurídicos. Adoitarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais. Adquirir o hábito de ter informado ao cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se modifican 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen. Se manteñen as metodoloxías previstas inicialmente *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Teams: Na franxa horaria que ten asignada a materia. 4. Modificacións na avaliación. Non se modifican os criterios de aviación *Observacións de avaliación: Se non fose posible realizar as prácticas de maneira presencial no período establecido a Comisión académica do Máster decidirá sobre a posibilidade de realizalas nun período posterior ou ben substituílas por un sistema telemático que permita ao alumno adquirir as competencias e habilidades previstas. No caso anterior substituiríanse as seguintes metodoloxías: aprendizaxe colaborativo e saídas ao campo. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes