Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Asignaturas
  Prácticas Externas I
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Obxectivo xeral: A formación práctica completa adquírese mediante o coñecemento directo da realidade na que se desenvolve habitualmente o profesional da avogacía. Obxectivos específicos: 1.- Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais. 2.- Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión. 3.- Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da súa profesión. 4.- Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión. 5.- En xeral, desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado. Habilidades: Relacionarse de forma adecuada con outros profesionais. Distinguir as funcións que lle corresponden ao avogado en todos os ámbitos. Realizar con desenvoltura as tarefas cotiás nos ámbitos nos que o avogado exerce a súa profesión. Saber identificar os tipos de conflito e derivalo ao método de solución máis axustado. Identificar e valorar as implicacións interdisciplinares do asunto que se lle encargue. Ser capaz de mediar nun conflito con vocación de imparcialidade. Actitudes: Asumir a función social da avogacía. Relacionarse cos compañeiros e outros profesionais. Ter unha correcta relación deontolóxica. Asumir a formación na profesión como continua. Pór o máximo celo profesional para non incorrer en responsabilidade. Comprender a necesidade de intervernir nos asuntos de quenda de oficio coa mesma responsabilidade e eficacia que os privados. Adoptar os hábitos de traballo dun profesional da avogacía. Adquirir o hábito de traballo individual e en grupo. Valorar o despacho desde unha óptica empresarial. Ter unha correcta relación deontolóxica co cliente, os compañeiros e o resto dos operadores xurídicos. Adoitarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais. Adquirir o hábito de ter informado o cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AM10
AM11
AM12
AM13
AM14
AM15
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes