Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Subjects
  Tax Law Practice
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Supervised projects Metodoloxía onde o suxeito deberá profundizar no estudo dunha materia o cuestión específica dentro dos contidos da asignatura mediante a realización de un traballo de investigación baixo a tutela dun profesor que orientará ao alumno sobre as principais liñas a seguir, resolvendo todas aquelas dúbidas que durante a realización do mesmo puidesen plantexarse. Esta metodoloxía implica, por unha parte, un elevado grado de autonomía do alumno que deberá definir a estructura do traballo e xestionar os materiais a empregar (lexislación, xurisprudencia e doctrina); e, por outra, potencia a mellora das súas habilidades de interpretación, argumentación e redacción de textos xurídicos.
Objective test Proba escrita, que pode consistir na resolución dun caso práctico ou na realización dunha proba con preguntas de resposta múltiple.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes