Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Dixitalización das Relacións Laborais e da Seguridade Social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B11 B12 B14 Realización dun exame tipo test na aula. 40
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A9 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B10 B12 B14 C2 C6 C7 C8 Asistencia ás aulas. 50
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A8 A9 A10 A11 A15 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B10 B12 B13 B14 B19 B21 B22 B23 C1 C2 C6 C7 C8 Entrega dos informes nas datas que se sinalen. 10
 
Observacións avaliación
Avaliación:

 A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os obtidos na proba obxectiva ao final do cuadrimestre.

 1º) Avaliación continua (60%):

 O profesorado valorará o traballo realizado polo alumnado ao longo do cuadrimestre, dentro e fóra da aula, cun máximo de 6 puntos. Para iso, o alumnado deberá asistir a clase e realizar as actividades que encargue o profesorado nos prazos e nas condicións que se establezan. Para a obtención de puntos de avaliación continua será necesaria a asistencia ao 80% das clases, agás nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan a exención académica*.

 2º) Proba obxectiva (40%):

 Ao final do cuadrimestre, o alumnado deberá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos explicados na aula e as lecturas impartidas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible superar esta proba.

 
*Observacións:

O alumnado a tempo parcial con exención académica cualificarase segundo os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes características:

A asistencia mínima requirida para recibir puntos de avaliación continua será do 40%.
O profesorado ordenará actividades complementarias de avaliación continua, equivalentes en tempo de realización ao 40% da axuda prestada”.


Seguindo as
instruccións das autoridades académicas competentes, lembramos dunha banda, en
caso de plaxio, que a actividade en cuestión non será avaliada; e doutra banda,
que a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa (o estudante será cualificado con “suspenso” [nota numérica 0]
na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
se produce na primeira oportunidade como na segunda, e para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes