Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Dereito Tributario e Novas Tecnoloxías
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A11 A12 A13 B1 B21 B22 C3 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
A puntuación correspondente a este apartado terá un peso mínimo na calificación final da asignatura, do 20%
20
Proba obxectiva B1 B21 B22

Proba na que se busca responder a preguntas cortas, de resposta múltiple ou resolver supostos prácticos, o que permitirá valorar a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico.

-A avaliación da 2º oportunidade, seguirá os mesmos criterios.
80
 
Observacións avaliación
A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de cuadrimestre.

1º) Avaliación continua

O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fose da aula, cun mínimo de 2 puntos. Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica*.

2º) Proba obxectiva (máximo 80%)

A final de cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar esta proba.

Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo con os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades:

A asistencia mínima para estos alumnos esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.

O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada”.

A realizacion fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificacion de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes