Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Proceso e TIC
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B5 B7 B11 B22 C3 Realización dun exame tipo test de 20 preguntas 60
Discusión dirixida A1 A2 A3 B11 B12 B22 C4 C6 Discusión na clase sobre temas críticos relativos á asignatura 10
Traballos tutelados A1 A3 A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 B11 B10 B12 B13 B14 B15 B21 B22 B23 Traballo de investigación sobre algún tema da asignatura 30
 
Observacións avaliación
A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de cuadrimestre.

1º) Avaliación continua (60%): O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fose da aula, cun máximo de 6 puntos. Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica*.

2º) Proba obxectiva (40%): A final de cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar esta proba.

Observacións:

Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo con os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades:

A asistencia mínima esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.
O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes