Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría |
Asignaturas |
Práctica Sustantiva Civil I |
Resultados de aprendizaje |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Práctica Sustantiva Civil I | Código | 612553004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Periodo | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Máster Oficial | 1º cuatrimestre |
Primero | Obligatoria | 3 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaje | Competencias / Resultados del título | ||
Descrición xeral Obxectivo xeral: a formación ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos en materia de Dereito sustantivo civil, en relación co asesoramento dos intereses encomendados, a análise e redacción dos documentos xurídicos, dirección de procedementos xudiciais e, en xeral, ao correcto exercicio da profesión neste ámbito. En particular, nesta materia estudanse os arrendamentos inmobiliarios, o réxime xurídico da propiedade horizontal e da propiedade intelectual, o réxime de protección de datos persoais e a compravenda de bens de consumo. 1. Arrendamentos e precario. Obxectivos: coñecer as peculiaridades dos arrendamentos urbanos. Coñecer e aprender a aplicar correctamente o réxime de actualización de renda. Coñecer as disposicións comúns para o réxime de arrendamento de vivenda e uso distinto. Coñecer as peculiaridades dos procesos en materia arrendaticia. Distinguir as peculiaridades do xuízo de desafiuzamento. Habilidades: distinguir as distintas partes e cláusulas do contrato de arrendamento de vivenda e a súa forma de suspensión, resolución e extinción. Redactar un contrato de arrendamento de vivenda. Saber actualizar a renda. Saber comunicar a extinción por expiración do prazo. Elixir o proceso máis adecuado aos intereses do cliente. Redactar demanda e formular oposición. Saber como poñer fin ao arrendamento. Actitudes: ter presente a data do contrato para asesorar ao cliente. Ter sempre presente os intereses do cliente á hora de redactar un contrato. Ter en conta as repercusiones fiscais do contrato. Examinar a proba existente para a redacción da demanda e preparar a mesma. Analizar sempre a xurisprudencia existente sobre a materia. 2. Propiedade horizontal. Obxectivos: coñecer a importancia do título constitutivo. Coñecer como actúan os títulos de obra nova e división horizontal no tráfico xurídico, as súas especialidades, momento de constitución, requisitos, modificación. Coñecer as formas de constitución e extinción das comunidades de propietarios. Coñecer o contido habitual, a forma de aprobación, as maiorías necesarias para a súa modificación dos estatutos das comunidades. Saber cales son os dereitos e deberes dos propietarios. Coñecer cales son e como funcionan os órganos das comunidades. Coñecer como funcionan as maiorías e as cotas de participación na adopción de acordos. Coñecer as particularidades procesales que se derivan do réxime de propiedade horizontal. Coñecer a forma de impugnación de acordos ante os tribunais. Coñecer as posibilidades de reclamación da comunidade por impago de cotas e a súa lexitimación. Habilidades: manexar as escrituras de obra nova e división horizontal. Diferenciar os elementos privativos dos comúns. Comprender as contas dos administradores da comunidade. Determinar o procedemento máis adecuado aos intereses do cliente. Distinguir as funcións propias do presidente e o secretario da comunidade. Distinguir entre as maiorías necesarias para os distintos tipos de acordo. Actitudes: afacerse a analizar os contidos das escrituras de división horizontal. Habituarse a analizar os libros de actas da comunidade. Afacerse a analizar as cláusulas dos estatutos da comunidade. Documentar convenientemente os acordos. Defender os intereses dos clientes na xunta de propietarios. Examinar a documentación comunitaria precisa para determinar as maiorías necesarias. 3. Propiedade intelectual e protección de datos profesionais. Obxectivos: coñecemento da relación entre propiedade intelectual tradicional e a súa aplicación ás novas tecnoloxías. Coñecemento das entidades ante as que se tramitan as inscripcións dos dereitos e as reclamacións relacionadas cos mesmos. Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. Conceptos en materia de protección de datos. Axencia de protección: funcións, potestades e actuacións. Habilidades: informar ao cliente dos pasos a seguir para preservar os dereitos en materia de propiedade intelectual. Tramitar as inscripcións dos mesmos. Presentar e tramitar reclamacións en defensa dos dereitos de propiedade intelectual en conflito. Identificar correctamente as obrigacións das partes en materia de protección de datos. Formulación de reclamacións. Actitudes: ter presentes os dereitos derivados da propiedade intelectual para o autor. Habilidade para identificar e situar correctamente os dereitos e obrigacións de cada parte. Capacidade para valorar correctamente os riscos derivados do incumprimento das obrigacións en materia de protección de datos. Asumir a existencia dun área nova de traballo da abogacía integrada polos dereitos e deberes integrados nas novas tecnoloxías. | AP1 AP2 AP3 AP4 AP5 AP6 AP7 AP8 AP9 AP10 |
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 |
CP1 CP2 CP3 CP5 CP7 CP8 CP9 CP10 |
4. Compravenda de bens de consumo. Obxectivo: coñecemento do réxime xurídico propio da compravenda de bens de consumo, incluindo as técnicas de contratación a distancia (on-line) e fora de establecemento mercantil, así coma as modalidades de financiación da mesma. Estudo do réxime de garantías e responsabilidades por incumprimentos e por danos, tanto do fabricante / productor, coma do vendedor e, de ser o caso, do importador. Habilidades: Coñecer os mecanismos para facer valer os dereitos do comprador / consumidor, do vendedor / distribuidor e do fabricante / productor. | AP1 AP2 AP3 AP4 AP5 AP6 AP7 AP8 AP9 AP10 |
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 |
CP1 CP2 CP3 CP5 CP7 CP8 CP9 CP10 |
|