Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
 Asignaturas
  Os Dereitos Fundamentais nas Organizacións Empresariais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Os Dereitos Fundamentais nas Organizacións Empresariais Código 612943303
Titulación
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Economía
Empresa
Coordinación
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Profesorado
Cachafeiro Garcia, Fernando
Garcia Perez, Rafael
Rey García, Marta
Ron Latas, Ricardo Pedro
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
fernando.garcia@udc.es
rafael.garcia.perez@udc.es
marta.reyg@udc.es
ricardo.ron@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web http://http://www.dereito.udc.es/mestrado-universitario-en-asesoramento-xuridico-empresarial-maxe/
Descrición xeral Neste módulo analizaránse os aspectos básicos do asesoramiento xurídico empresarial, aspectos de carácter mercantil, administrativo, fiscal e laboral, entre outros. As sesións docentes sobre os diferentes temas que requiran presencialidade se complementarán coas actividades non presenciais que, dado o carácter semipresencial do MAXE, os alumnos deberán realizar previo encargo do profesorado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams) – Discusión dirixida (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams) – Lecturas – Eventos científicos e/ou divulgativos (realizarase de forma virtual) – Solución de problemas (realizarase de forma virtual) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación): incorpórase como única metodoloxía obxecto de avaliación continua (100% da nota final). Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. En concreto, realizaranse traballos individuais (e/ou grupais) relacionados con algún dos temas do programa. – Estudo de casos (computa na avaliación): non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”. – Presentación oral (computa na avaliación): non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”. – Seminario (computa na avaliación): non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos (sesións)” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén se poderán propoñer “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. No seu caso, sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: a) A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. b) A profundidade do contido. c) O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. d) O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. e) A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. f) A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos tutelados (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos tutelados (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: a) Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. b) Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). c) Entregar e expoñer (no seu caso) os traballos tutelados na data que se indique. d) A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes