Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
 Subjects
  Internships
   Contents
Topic Sub-topic
A realización das Prácticas externas complementa a formación global do/a estudante ofrecendo unha aplicación práctica dos contidos aprendidos ao longo do MAXE, aproximándoo á realidade laboral en diferentes facetas (dado que as prácticas se realizan en entidades moi diversas, tanto públicas como privadas) e facilitando incluso a súa inserción no mercado laboral. Esta materia implica a realización dunha estadía práctica nunha entidade colaboradora coa UDC, por un total de 350 horas ao cal se suma o traballo autónomo para realizar a memoria e as tutorías presenciais (total 18 créditos) o cal implica un periodo de 2 meses cunha dedicación diaria de 8 horas. Ou ben un perido de tres meses con una dedicación diraria de 5 horas. O periodo de realización comprende desde la formalización da matricula no mes de setembro hasta a finalización do periodo lectivo do cuatrimestre na primeira semana do mes de xaneiro de ano seguinte. diarias durante 4 semanas, que serán as catro, salvo posibles casos excepcionais por necesidades de adaptación co funcionamento da entidade colaboradora. O lugar de realización das prácticas dependerá das entidades colaboradoras que teñan firmado un convenio a estes efectos coa UDC. Tendo en conta este condicionante, con carácter xeral as prácticas poderán realizarse en entidades como as seguintes: Despachos de avogados, asesorías xurídicas de empresas, consultorias, asesorías de entidades financeiras, Concellos, Xunta de Galicia, outros organismos públicos. O/a estudante terá que realizar as tarefas que se lle encarguen na entidade colaboradora, destinadas a completar á sua formación teórica no Máster, e contará con un titor na propia entidade e outro na Facultade de Dereito. Ao finalizar a estadía práctica, o/a estudante deberá realizar unha memoria co visto e prace do titor da empresa. Ademais deberá facer una entrevista co seu titor académico na Facultade e fara entrega da devandita memoria. A temática das prácticas dependerá da especialización da asesoría, da empresa o da area do Concello ou organismo público.

Neste senso cuando se ofertan as prazas disponibles para que os alumnos/as escollan segun a suas preferencias indicase as materias o a especialización das areas nas que van a realizarse as practicas: mercantil, tributario, urbanismo, medio ambiente, laboral, etc
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes