Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
 Asignaturas
  Prácticas Externas
   Contidos
Temas Subtemas
A realización das Prácticas externas complementa a formación global do/a estudante ofrecendo unha aplicación práctica dos contidos aprendidos ao longo do MAXE, aproximándoo á realidade laboral en diferentes facetas (dado que as prácticas realízanse en entidades moi diversas, tanto públicas como privadas) e facilitando incluso a súa inserción no mercado laboral. Esta materia implica a realización dunha estadía práctica nunha entidade colaboradora coa UDC, por un total de 350 horas ao cal se suma o traballo autónomo para realizar a memoria e as titorías presenciais (total 18 créditos) o cal implica un período de 2 meses cunha dedicación diaria de 8 horas. Ou ben un periodo de tres meses cunha dedicación diaria de 5 horas, salvo posibles casos excepcionais por necesidades de adaptación co funcionamento da entidade colaboradora. O período de realización comprende desde la formalización de matrícula no mes de setembro ata a finalización do período lectivo do cuadrimestre na primeira semana do mes de xaneiro de ano seguinte. O lugar de realización das prácticas dependerá das entidades colaboradoras que asinasen un convenio a estes efectos coa UDC. Tendo en conta este condicionante, con carácter xeral as prácticas poderán realizarse en entidades como as seguintes: Despachos de avogados, asesorías xurídicas de empresas, consultorias, asesorías de entidades financeiras, Concellos, Xunta de Galicia, outros organismos públicos. O/a estudante terá que realizar as tarefas que se lle encarguen na entidade colaboradora, destinadas a completar á sua formación teórica no Máster, e contará cun titor na propia entidade e outro na Facultade de Dereito.
Ao finalizar a estadía práctica, o/a estudante deberá realizar unha memoria co visto e prace do titor da empresa. Ademais deberá facer unha entrevista co seu titor académico na Facultade e fará entrega da devandita memoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes