Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Fundamentos romanísticos da cultura xurídica occidental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A4 Asistencia a Conferencias e Cursos tanto da materia como a outras relacionadas coa mesma, suxerindo a realización de reseñas ou resumenes do tratado nas mesmas. 1
Lecturas A1 A5 A6 A10 Realización de lecturas relativas tanto ás materias tratadas no programa da materia, como a cuestións xerais relativas a cultura xurídica en xeral. 1
Presentación oral A3 A7 A8 A9 A12 A13 B12 C1 C3 Intervencións en clase expoñendo partes do temario por grupos ou individualmente, e someténdose posteriormente ás posibles preguntas dos demais compañeiros e o profesor, sobre a parte exposta. 20
Traballos tutelados A11 B9 B1 B2 C1 Realización de esquemas e resumenes de partes da materia que poidan resultar útiles para unha mellor comprensión e estudo posterior das mesmas. Con posibilidade de, en caso de atoparse interesados en determinados temas, ampliar os coñecementos sobre os mesmos. 8
Proba obxectiva A3 B6 Exame final escrito das diversas partes indicadas da materia, con preguntas concretas a través das que o profesor poida comprobar a correcta asimilación por parte dos estudantes dos contidos da materia.
50
Sesión maxistral A2 Asistencia as leccións maxistrais impartidas polo profesor con posibilidade de intervención dos alumnos formulando preguntas sobre os temas cuxa lectura se suxeriu previamente. 2
Solución de problemas A14 A15 B7 B8 B10 B11 C4 C5 C6 C7 C8 Formulación e realización de casos prácticos conectados coas materias teóricas previamente estudadas, con participación activa dos alumnos nas sesións establecidas ao efecto. 18
 
Observacións avaliación

Realización de traballos,
exposicións presenciais e casos prácticos a determinar segundo a marcha do
curso e examen final da materia Aspectos e criterios de avaliación: Coñecemento
dos contidos da materia. Capacidade para resolver problemas xurídicos mediante
a aplicación dos coñecementos adquiridos. Asistencia e participación nas
actividades do curso. Capacidade de síntese e análise das lecturas
realizadas. 



A forma de evaluación establecida
para o alumnado que non teña recoñecida a dispensa de docencia consistirá ademáis
de na posible entrega presencial dos traballos e supostos prácticos suxeridos,
así como na exposición tamén presencial, no seu caso, das partes indicadas da
asignatura, na realización de un examen final presencial ordinario da materia.
Para a sua preparación deberán utilizar, seguindo o temario establecido nesta
Guía, fundamentalmente a últimas edicións dos Manuais da asignatura dos
profesores Fernández Barreiro e Paricio Serrano: Historia del Derecho romano y
su recepción europea, e Fundamentos de Derecho privado romano, así como, con
carácter complementario, a demáis bibliografía suxerida nesta Guía.



A forma de evaluación establecida
para o alumnado que oficialmente teña recoñecida a dispensa de docencia
consistirá, como no caso dos anteriores, ademáis de na posible entrega, no caso,
telemática dos traballos e supostos prácticos suxeridos, así como na exposición virtual, no seu caso, das partes indicadas da asignatura, na realización do examen final ordinario da
asignatura. Para a sua preparación deberán utilizar, seguindo o temario
establecido nesta Guía, fundamentalmente a últimas edicións dos Manuais da
asignatura dos profesores Fernández Barreiro e Paricio Serrano: Historia del
Derecho romano y su recepción europea, e Fundamentos de Derecho privado romano,
así como a demás bibliografía suxerida nesta Guía.



Polo que se refire o sistema de
evaluación da segunda oportunidade, o mesmo concretase, tanto para o alumnado
que non teña recoñecida a dispensa de docencia, como do que sí a teña, na
realización de un exame presencial extraordinario da materia. A nota obtida
no mesmo se poderán sumar os puntos correspondentes as actividades realizadas.



Para resolver os posibles
problemas que no desenrolo do estudo e comprensión da materia lles xurdisen,
así como na exposición, arbitrarase, na medida do posibel, un sistema
personalizado de atención a distancia mediante correo electrónico, os foros das
diversas plataformas habilitadas ao efecto (Moodle, Teams) ou mediante tutorías
presenciales en horas distintas das oficialmente fixadas.



No caso do alumnado que non teña
superada a materia e se atope en convocatorias elevadas, se prevé a
posibilidade de que, previo acordo co profesor responsable, e sempre en
atención a disponibilidade académica docente e investigadora do mesmo, se
arbitre para este a realización de diversas probas liberatorias por partes da
materia o longo do curso académico correspondente en datas distintas das
sinaladas oficialmente. Para acollerse a dita posibilidad os citados alumnos
deberán solicitar previamente a correspndente reunión co profesor.



O inicio de cada curso académico
informaráse  (presencialmente e a través da plataforma Moodle) os alumnos
matriculados na asignatura que sigan o sistema presesncial, así como tamén o
alumnado con dispensa de asistencia, dos criterios a seguir relativos a
organización e desenrolo do mesmo: precisión sobre forma e tipo dos exames a
realizar; tipos, contido e criterios de valoración das exposicións suxeridas;
traballos de partes da materia; outras activiades valorables; e planificación
temporal aproximada das diversas partes da asignatura. 



A realización fraudulenta das
probas ou actividades de evaluación previstas, tanto no caso dos alumnos/as,
presenciais como non presenciais, implicará a calificación de suspenso na
materia ("0"),  na convocatoria correspondente, invalidando as
calificacións obtidas anteriormente.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes