Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  España na configuración histórico-xurídica de Europa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 A4 A6 A10 B11 C4 Valoraranse as acertadas intervencións dos alumnos nas sesións teóricas de exposición do profesor 5
Traballos tutelados A12 A13 B6 B8 B10 B12 B13 B1 B3 C1 C3 Avaliarase tanto o traballo realizado polo grupo no seu conxunto como individualmente por cada alumno así como a súa exposición oral ante o resto de compañeiros 10
Proba obxectiva A3 A6 A10 B3 B1 C1 C2 Avaliarase a correcta aprendizaxe dos contidos básicos da materia 70
Estudo de casos A2 A3 A4 A6 A8 A10 B9 B1 B3 C6 Avaliaranse os comentarios de texto realizados polos alumnos 10
Análise de fontes documentais A2 A3 A6 A10 B8 B3 Avaliaranse as intervencións e debates de e entre os alumnos e o profesor sobre a película proxectada 5
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será requisito imprescindible aprobar tanto o conxunto das actividades prácticas propostas como a proba obxectiva escrita.

Na proba correspondente á segunda oportunidade, que ten lugar durante o mes de xullo, os estudantes deberán demostrar a superación tanto da parte teórica coma da práctica, seguindo os mesmos parámetros de avaliación que na primeira oportunidade. Esta segunda oportunidade poderá ter carácter oral.

Os alumnos que teñan recoñecida oficialmente a súa matrícula a tempo parcial deberán superar a proba escrita como os demáis alumnos e no que se refire ás actividades prácticas o profesorado, analizando cada caso, facilitará a súa entrega por estes estudantes.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes