Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase, cada un dos profesores responsables dos diferentes grupos procederá a explicar aos seus alumnos/as a estrutura da guía docente personalizada, así como as materias concretas obxecto de estudo, a distribución aproximada do cronograma e as fontes documentais máis útiles para seguir o curso académico.
Sesión maxistral As sesións maxistrais constituirán a base teórica que facilite os coñecementos esenciais ao alumno sobre a materia
Seminario Os seminarios son sesións de traballo cun perfil teórico-práctico especializadas nun tema concreto
Estudo de casos Estudo de casos prácticos, análises de textos xurídicos ou de xurisprudencia que os docentes expoñan aos alumnos/as. Esta actividade poderá ser presencial ou non presencial.
Análise de fontes documentais Estudar ou comentar documentos xurídicos, documentos doctrinales ou xurisprudencia do Tribunal Constitucional, Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, etc...
Discusión dirixida Esta actividade será realizada de modo presencial e consistirá na posta en común de opinións sobre unha materia, ou ben, na resolución común de problemas actuais que estean directamente relacionados co obxecto de estudo
Lecturas Lecturas en sesións presenciais ou non presenciais.
Proba obxectiva Exame final e, no seu caso, exame parcial (se así o establece o profesor encargado dese grupo)
Eventos científicos e/ou divulgativos Nos científicos desenvólvese, xeralmente con máis profundidade que nas clases presenciais, un ou varios temas relacionados coa materia. Nos divulgativos as aproximacións non requiren a adquisición de coñecementos específicos previos
Traballos tutelados Que permiten desenvolver en profundidade desde unha perspectiva teórico-prática un ou máis problemas xurídicos. Poderán ser individuais ou grupais
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes