Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Subjects
  Constitutional Law: Sources of Law and Fundamental Rights
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A1 A2 A3 A5 A7 A10 A11 A12 B8 B9 B10 B11 B3 B5 C1 C4 C6 En sesións de GR e en traballo fora da aula 10
Objective test A1 A2 A3 A5 A7 A10 A11 A12 B8 B9 B10 B11 B3 B5 C1 C4 C6 Proba de avaliación de competencias xerais e específicas. A superación da materia require a superación desta proba 85
Supervised projects A1 A2 A3 A5 A7 A10 A11 A12 B8 B9 B10 B11 B3 B5 C1 C4 C6 Plantexamentos teórico-prácticos desde o enfoque de problemas, con orientacións do profesor 5
 
Assessment comments

SITUACIÓN DOS ESTUDANTES CON DEDICACIÓN OU DISPENSA A TEMPO PARCIAL:

 

Os estudantes con dedicación ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que
solicitaran e lles fose concedida polo Decano da Facultade de Dereito a
exención de asistencia ás aulas presenciais (pódese consultar a normativa que
regula o réxime de estudos a tempo parcial), poderán ser avaliados mediante
unha proba obxectiva que representará o 100% da nota final da materia, sen
necesidade de que entreguen as prácticas ou actividades interactivas. Non
obstante, se o alumno desexa optar polo sistema de avaliación continua, deberá
facelo constar por escrito ao profesor e obter a súa aprobación tamén por
escrito.

 

SANCIÓN POR COPIA OU PLAXIO:


Calquera intento de copiar nos exames ou plaxiar os traballos ou as prácticas
pode ser penalizado cunha nota directa de "SUSPENSO: 0 puntos",
independentemente do desenvolvemento do resto do exercicio ou exame.

 

PREVISIÓNS PARA A PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

 

Para aprobar o curso, os estudantes deberán acadar unha nota mínima de
5 sobre 10 nas probas obxectivas. Así as cousas, calcularase o 85% e
engadiranse as puntuacións obtidas nas tarefas prácticas e interactivas, no seu
caso.

 

O tipo de exame será confirmado, con antelación suficiente, por cada
un dos profesores responsables aos seus alumnos na aula.

 

PREVISIÓNS PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE:

 

Para aprobar o curso, os estudantes deberán acadar unha nota mínima de
5 sobre 10 puntos nas probas obxectivas. Así as cousas, calcularase o 85% desa
cualificación e engadiranse as puntuacións obtidas nas tarefas prácticas e
interactivas, no seu caso.

O tipo de exame será confirmado por cada un dos profesores
responsables de cada grupo aos seus alumnos na aula.

 

As cualificacións das actividades prácticas e interactivas manteranse para
a segunda oportunidade (xullo).

 

Como regra xeral, non está permitida a recuperación de actividades
prácticas para a segunda oportunidade. Atendendo a circunstancias graves ou
excepcionais previstas na normativa e debidamente acreditadas, o persoal
docente podería permitir esta recuperación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes