Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 A10 A11 A12 B8 B9 B10 B11 B3 B5 C1 C4 C6 En sesións de GR e en traballo fora da aula 10
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A10 A11 A12 B8 B9 B10 B11 B3 B5 C1 C4 C6 Proba de avaliación de competencias xerais e específicas. A superación da materia require a superación desta proba 85
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A7 A10 A11 A12 B8 B9 B10 B11 B3 B5 C1 C4 C6 Plantexamentos teórico-prácticos desde o enfoque de problemas, con orientacións do profesor 5
 
Observacións avaliación

SITUACIÓN DOS ESTUDANTES CON DEDICACIÓN OU DISPENSA A TEMPO PARCIAL:

 

Os estudantes con dedicación ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que
solicitaran e lles fose concedida polo Decano da Facultade de Dereito a
exención de asistencia ás aulas presenciais (pódese consultar a normativa que
regula o réxime de estudos a tempo parcial), poderán ser avaliados mediante
unha proba obxectiva que representará o 100% da nota final da materia, sen
necesidade de que entreguen as prácticas ou actividades interactivas. Non
obstante, se o alumno desexa optar polo sistema de avaliación continua, deberá
facelo constar por escrito ao profesor e obter a súa aprobación tamén por
escrito.

 

SANCIÓN POR COPIA OU PLAXIO:


Calquera intento de copiar nos exames ou plaxiar os traballos ou as prácticas
pode ser penalizado cunha nota directa de "SUSPENSO: 0 puntos",
independentemente do desenvolvemento do resto do exercicio ou exame.

 

PREVISIÓNS PARA A PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

 

Para aprobar o curso, os estudantes deberán acadar unha nota mínima de
5 sobre 10 nas probas obxectivas. Así as cousas, calcularase o 85% e
engadiranse as puntuacións obtidas nas tarefas prácticas e interactivas, no seu
caso.

 

O tipo de exame será confirmado, con antelación suficiente, por cada
un dos profesores responsables aos seus alumnos na aula.

 

PREVISIÓNS PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE:

 

Para aprobar o curso, os estudantes deberán acadar unha nota mínima de
5 sobre 10 puntos nas probas obxectivas. Así as cousas, calcularase o 85% desa
cualificación e engadiranse as puntuacións obtidas nas tarefas prácticas e
interactivas, no seu caso.

O tipo de exame será confirmado por cada un dos profesores
responsables de cada grupo aos seus alumnos na aula.

 

As cualificacións das actividades prácticas e interactivas manteranse para
a segunda oportunidade (xullo).

 

Como regra xeral, non está permitida a recuperación de actividades
prácticas para a segunda oportunidade. Atendendo a circunstancias graves ou
excepcionais previstas na normativa e debidamente acreditadas, o persoal
docente podería permitir esta recuperación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes