Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Principios económico-contables da empresa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas relacións. A exposición oral do profesorado poderá ser complementada co uso de medios audiovisuais e coa formulación de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e facilitar a participación.
Solución de problemas Mediante esta metodoloxía trátase de que os estudantes busquen solución a unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha solución. Esta situación plantexarase en forma de problemas ou cuestións prácticas que deben ser respondidas. É un complemento ao coñecemento teórico adquirido. Trátase de que os estudantes apliquen ditos coñecementos en contornas prácticas, nas que a intervención e aportación persoal do alumnado é o eixo central.
Lecturas Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e comprendan en base ás ferramentas da análise económica, que se estudan na materia.
Prácticas a través de TIC O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía.
Proba obxectiva Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluir tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial.
Aprendizaxe servizo Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo. Baixo o paraguas da sustentabilidade de da Axenda 2030, o alumnado participará con diferentes entidades da cidade co fin de coñecer diferentes problemas socioeconómicos e unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores.
Traballos tutelados Estudo autónomo e en profundidade dalgún dos problemas socioeconómicos detectados, a partir dun traballo de investigación e a consecuente fundamentación en fontes bibliográficas, baixo a tutela da persoa docente.
Aprendizaxe colaborativa Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ben apoiándose nas TIC.
Proba mixta Podera constar de resolución de problemas, preguntas breves, preguntas de ensaio ou de preguntas de opción múltiple.
Forma parte da avaliación continua.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial. O equipo docente informará da modalidade no momento oportuno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes