Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da persoa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A9 A13 B13 C2 C3 C6 C8 Os traballos realizados polo alumno, logo de concluír as sesións presenciales serán entregados ou expostos na propia aula, segundo as circunstancias e, en todo caso, evaluados polo profesor tendo en conta basicamente a capacidade argumentativa demostrada e sobre todo a orixinalidade (a detección dun traballo plaxiado, en todo ou en parte, con ou sen permiso do titular da obra orixinal suporá automáticamente o suspenso na asignatura). 10
Simulación A1 A3 A6 A7 A12 B10 B11 B12 C1 C2 C7 Durante as sesións presenciales nos grupos reducidos os alumnos deberán expoñer os seus traballos a través dun portavoz, entregando ademais o orixinal escrito ao profesor. Ambos orixinal e intervención oral serán obxecto de avaliación. 10
Proba de ensaio B7 B9 B3 B4 C2 C4 Consistirá nunha proba escrita ao rematar o cuatrimestre.
A proba poderá consistir nun un exame de desenvolvemento, nun exame tipo test ou nun examen de preguntas cortas. A opción concreta será especificada polo responsable de cada grupo o primeiro día de clase na presentación da materia.
70
Estudo de casos A8 A10 A11 A13 A14 B6 B8 B3 C2 Os alumnos durante as sesións presenciais intervirán oralmente expoñendo a súa solución aos casos propostos debatendo, no seu caso, co profesor e os seus compañeiros. Os coñecementos, competencias e habilidades demostradas durante esta exposición serán obxecto de avaliación polo profesor. 10
 
Observacións avaliación

As calificacións obtidas durante o cuatrimestre a través
dos traballos (prácticas, simulacións, estudo de casos etc )
teránse en conta só cando o alumno asista ás clases con regularidade,
o que se traduce nunha asistencia mínima do 70% das clases en grupos reducidos. Os que non cumplan
con ese mínimo de presencialidade terán unicamente como cualificación a da
proba de ensaio. 

A devandita presencialidade non se terá en conta en
relación aos/ás alumnos/as a tempo parcial que solitaran e lles fora concedida a dispensa de asistencia a clase (vid. normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial). Estes/as alumnos/as deberán poñerse en contacto para planificar o cronograma dos traballos que se levarán a cabo ó longo do cuadrirmestre.

No caso de que modelo de exame sexa de preguntas cortas,
si non se especifica presumirase que teñen todas o mesmo
valor. A cualificación de cero en duas das preguntas cortas suporá
o suspenso automático da asignatura. En todo caso para superar a materia deberá susperarse a proba escrita o que supón obter como mínimo 3.5 puntos na devandita proba.

No caso
de que o exame sexa de desenvolvemento se publicitará con antelación suficiente antes da súa realización o número de preguntas e o
valor de cada unha delas, de non determinarse presumirase que teñen un valor
idéntico. En todo caso deberá superarse a proba escrita otendo como mínimo a cualificación de 3.5 puntos

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes