Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Penal. Parte xeral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 Análise de casos reais 30
Proba obxectiva A8 Examen teórico práctico sobre a materia 70
 
Observacións avaliación

Ao longo de curso avaliaranse os coñecementos prácticos e teóricos do alumno. Para iso establécese o seguinte sistema de avaliación. As probas oficiais de maio e xullo terán un valor máximo de 7 puntos sobre 10 en ambos os dous casos. As probas oficiais realizaranse na data estipulada no calendario de exames aprobado por Xunta de Facultade. Poderán realizarse examéns parciais ao longo do curso, cuxa nota se ponderará coa dos exames finais de maio e xuño. As distintas actividades que se realicen ao longo do curso, antes das probas de maio e xullo, terán un valor de ata 3 puntos. O alumno superará a materia en 1ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (das actividades realizadas ao longo do curso) e a obtida na proba de maio se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10 sempre que se alcanzase polo menos  3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. De non superar a materia en 1ª oportunidade, a nota alcanzada nas actividades realizadas ao longo do curso resérvanse para a súa suma á nota que se obteña na proba de mes de xullo. O alumno superará, polo tanto, a materia en 2ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (das actividades realizadas ao longo do curso) e a obtida na proba de xullo se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10, sempre que se alcanzase polo menos 3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. As notas alcanzadas coas actividades que se realicen ao longo do curso só serán tidas en conta se o alumno se presenta ás probas oficiais de maio ou xullo. Só así procederase á súa suma para os efectos de cualificación. Tanto as probas de maio e xullo coma as actividades que se realicen ao longo do curso poderán adoptar formas diversas, isto é, actividades tipo test, pregunta curta, pregunta longa, etc.

No caso de que o estudante teña dispensa de asistencia a clase concedida pola comisión de docencia, a súa avaliación realizarase exclusivamente a través do exame, que terá un valor do 100% da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes