Nesta asignatura analízanse, en primeiro lugar, os elementos esenciais do Dereito Mercantil. Non soamente se estudan o concepto e as fontes desta disciplina, senon tamén ó estatuto xurídico da empresa, do empresario, a súa contabilidade, a súa necesaria publicidade legal, así como o réxime xurídico dos seus colaboradores. Nunha segunda parte, nesta asignatura examínase o Dereito da Propiedade Intelectual e da Competencia. En particular, estúdanse os diferentes dereitos sobre creacións industriais, os signos distintivos, o Dereito de Autor e dereitos afíns, a libre competencia e, finalmente, a competencia desleal e a publicidade comercial ou económica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Salvo a proba mixta e as probas de ensaio, todas as metodoloxías docentes se manteñen (estudo de casos, discusión dirixida e sesión maxistral), lóxicamente adaptadas ao entorno virtual dentro das plataformas empregadas na UDC ao efecto.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- As probas de ensaio e a proba mixta faranse a través da Plataforma Moodle, en calquera das posibilidades que esta plataforma permita.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Moodle e correo electrónico, a demanda do alumnado.
- Teams, no horario previsto en sustitución das clases presenciais e cos mesmos destinatarios.
4. Modificacións na avaliación.
*Observacións de avaliación:
- Non se realizarán cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
- Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías