Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Constitución e poder xudicial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A14 Durante o curso iranse avaliando os traballos encomendados e que o estudantado debe presentar nas datas que se indicarán. A valoración dos traballos tutelados dependerá da calidade, interese, rigor e corrección dos mesmos, así como da participación activa nas clases.
No caso de detección de plaxio nos traballos entregados a cualificación dos mesmos será de 0 puntos.
30
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 A proba obxectiva consisitrá nun exame tipo test, de resposta múltiple, onde se avaliarán os contidos expostos durante o curso. 70
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será
requisito imprescindible aprobar a proba mixta. A nota resultante servirá para facer a media co resto das puntuacións.

A nota dos estudantes a tempo parcial con dispensa
académica de asistencia recoñecida calcularase únicamente sobre a puntuación da proba mixta, así como os traballos que especificamente se lles podan encomendar a estes estudantes. 

O primeiros catro temas serán impartidos por membros da Área de Dereito constitucional e os restantes por profesorado da área de Dereito procesual. O peso na avaliación destes temas será o do 30% correspondente á materia de Dereito Constitucional e un 70% correspondente á materia de Dereito Procesual. 

Para a segunda oportunidade, conservaranse as cualificacións dos traballos tutelados entregados durante o curso, que computarán para a cualificación xunto coa proba obxectiva, que terá as mesmas características que na primeira oportunidade. Será posible recuperar as notas das prácticas e traballos tutelados, no caso de que sexa pertinente, nos prazos indicados polo profesorado e, en todo caso, entregando unha nova versión destes traballos con anterioridade á data do exame da segunda oportunidade. 

No caso de detección de plaxio nos traballos entregados a cualificación dos mesmos será de 0 puntos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes