Guia docenteCurso
Facultad de Derecho
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Actuación e bens das administracións públicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A8 A12 A13 B9 B10 B13 B1 B4 B5 C6 A participación nos seminarios presenciais ou telemáticos será voluntaria. O alumno elaborará traballos a proposta do profesor/a. O traballo realizado nestes seminarios contribuirá cun 10% á avaliación continua da asignatura. De non facerse seminarios durante o cuadrimestre, esta porcentaxe da nota acrecerá á restante parte da asignatura en avaluación continua (prácticas). 10
Prácticas clínicas A3 A4 A13 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 As actividades específicas ou practicas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre nos grupos reducidos terán un valor máximo do 50% da cualificación final.

Os profesores dos correspondentes grupos poderán outorgarlles caracter liberatorio a algunha destas actividades específicas ou prácticas.

No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, as actividades prácticas serán realizadas de xeito individual síncrono por medios telemáticos, combinando moodle (para a entrega da práctica) e Teams (para a interacción co profesor da asignatura). A súa realización e avaliacíon continua terá carácter liberatorio.
50
Proba obxectiva A1 A7 A proba obxectiva (exame) será realizada na data que determine o calendario oficial de exames

O número de preguntas a resolver e o número de respostas que deben ser correctas para aprobar serán concretados polo profesorado da materia.
40
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade conservarase con carácter xeral a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade, salvo que o estudante opte por mellorar a súa cualificación mediante a realización das actividades prácticas.

Os alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua, é dicir, que
non leven a cabo as actividades da práctica clínica, poderán realizar o exame final
completo, que terá un valor de 10 puntos. Os alumnos que se atopen nesta
situación deberán comunicalo expresamente ao profesor polo chat de TEAMS ou por
correo electrónico.

O profesorado responsable de cada grupo poderá establecer adaptacións específicas -consistentes en potenciar metodoloxías docentes non presenciais- no caso do estudantado que tivera concedida unha dispensa de asistencia a clase.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes