Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Actuación e bens das administracións públicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A8 A12 A13 B9 B10 B13 B1 B4 B5 C6 A participación nos seminarios presenciais ou telemáticos deberá completarse coa elaboración de traballos, comentarios ou actividades encargadas polo profesorados que os dirixa.

No caso de que non podan realizarse seminarios por circunstancias sobrevidas, esta porcentaxe da nota acrecerá á parte de prácticas clínicas ou ao exame final, según o grupo.
10
Prácticas clínicas A3 A4 A13 A15 B12 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 As actividades específicas ou practicas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre nos grupos reducidos terán un valor máximo do 60% da cualificación final.

Os/as profesores/as dos correspondentes grupos poderán outorgarlles caracter liberatorio a algunha destas actividades específicas ou prácticas.

No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, as actividades prácticas dos grupos reducidos terán un valor do 50% da cualificación final.
60
Proba obxectiva A1 A7 Ao longo do curso poden realizarse unha ou varias probas obxectivas. Unha destas probas realizarase na data que determine o calendario oficial de exames en xuño e en xullo.

En cada proba estableceranse previa e claramente os criterios para obter as cualificacións e, no seu caso, para liberar unha materia.

No caso do grupo da mañá de grao en Dereito, para superar a materia, será preciso sacar un mínimo de aprobado na proba obxectiva (15 puntos sobre 30).

No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, o exame consistirá nunha proba obxectiva de 50 preguntas tipo test, que terá un valor do 40% da nota final. Será necesario resolver 25 preguntas correctamente para poder sumar esta cualificación á das actividades prácticas.
30
 
Observacións avaliación

1) Na segunda oportunidade conservarase con carácter xeral a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade, salvo que o estudante opte por mellorar a súa cualificación mediante a realización de actividades prácticas.

2) Os alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua, é dicir, que
non leven a cabo as actividades da práctica clínica, poderán realizar un exame final, que terá un valor de 10 puntos. Os alumnos que se atopen nesta
situación deberán comunicalo expresamente ao profesor polo chat de TEAMS ou por
correo electrónico.

3) O profesorado responsable de cada grupo poderá establecer adaptacións específicas -consistentes en potenciar metodoloxías docentes non presenciais- no caso do estudantado que tivera concedida unha dispensa de asistencia a clase.

4) O plaxio na realización de actividades ou probas determinará a cualificación de suspenso nas mesmas , sen prexuízo doutras responsabilidades que se deriven da aplicación da normativa académica da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes