Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Internacional Público
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 2
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 30
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 2
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B6 B9 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 2
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 As actividades dirixidas representarán o 40% o 60% (dependendo da titulación) da nota final e consistirán, fundamentalmente, en activdidades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión o en casos prácticos, para cuxa elaboración e resolución os estudantes contarán coas correspondentes orientacións e instruccións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 3
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9 A. Programa Simultaneidade ADE-Dereito:
O exame final será oral e suporá o 60% da nota total. Realizarase ao final do cuadrimestre sobre a base da docencia impartida durante o curso, e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa.
O nivel mínimo esixido para a superación da proba é de 5 puntos sobre 10. En caso contrario, a materia non se considerará aprobada.

B. Grao en Dereito:
B. Grao en Dereito:
- Quenda de mañá: O exame final será combinado entre preguntas multi-opción e de resposta curta a través dalgunha plataforma virtual (Moodle, FORMS, etc.), que se realizará presencialmente en clase. O tempo estimado para responder será de 30 segundos por pregunta nas multi-opción e de 60 segundos por preguntas nas de resposta curta.
- Quenda de tarde: O exame final da materia será escrito e consistirá en varias preguntas baseadas en epígrafes do programa.


C. Bilingual degree:
O exame final será escrito e suporá o 50% da nota total. Realizarase ao final do cuadrimestre sobre a base da docencia impartida durante o curso, e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa.
60
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. 1
 
Observacións avaliación
A. PROGRAMA DE SIMULTANEIDADE GRAO ADE-DEREITO:
Para superar a materia deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame, que será final e oral, e suporá un 60% da nota final. Para que se poida sumar a nota das actividades prácticas, que suporá o 40% da nota final, deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame final. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 nas actividades prácticas, non se poderá sumar a cualificación do exame final.  Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10. 

B. GRAO EN DEREITO:
Terase en conta o exame final e as actividades prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME FINAL. O exame representará o 80% da nota da materia. O exame será escrito. Se non se alcanza un 5 sobre 10 no exame, non se sumará a nota das actividades prácticas á nota final da materia. ACTIVIDADES PRÁCTICAS. As actividades prácticas representarán o 20% da nota da materia; pero só serán tidas en conta no cómputo da nota da materia se se alcanzou un 5 sobre 10 no exame.  O alumnado que realice actividades prácticas pero non se presente ao exame figurará nas actas como "No presentado".  Ao comezo de curso, informarase o alumnado da organización das actividades prácticas. Non se permitirá a defensa e/ou entrega de actividades prácticas fose dos prazos establecidos, salvo causa debidamente xustificada. As actividades prácticas non defendidas e/ou entregadas cualificaranse cun 0. ESTUDANTES CON DISPENSA ACADEMICA DE ASISTENCIA A CLASE. O alumnado a tempo parcial ao que, previa solicitude ao Decanato do centro, concédalle dispensa académica de asistencia a clase (pode consultarse a normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial) poderá elixir entre dúas opcións: 1) que o exame final represente o 100% da nota da materia; 2) que o exame final represente o 80% da nota da materia, e o 20% restante mediante actividades prácticas que serán defendidas oralmente polo/a estudante ao longo do curso (presencialmente ou por Teams; modalidade e datas fixadas polo profesorado segundo as circunstancias do caso). O/a estudante debe optar por un sistema ou outro no prazo fixado polo profesorado para ese efecto. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades. Como regra xeral, non se permite a recuperación de actividades prácticas para a segunda oportunidade. En atención ás circunstancias do caso concreto, o profesorado pode permitir que un/a estudante recupere unha ou varias das actividades prácticas non realizadas ou non superadas. 

C. DOCENCIA EN INGLÉS / BILINGUAL DEGREE:
O exame final da materia suporá o 50% da nota final e as actividades prácticas puntuarán o 50% restante.  Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10.

OBSERVACIÓN XERAL PARA O TRES TITULACIÓNS: Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividades que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes